Asisto esta tarde no Congreso dos Deputados a un encontro da Comisión Mixta para o Estudo do Problema das Drogas –da que formo parte como vogal – na que recibimos a visita do Sr. David W Murray, Investigador Principal do Hudson Institute e experto en estupefacientes, que nos ilustrou sobre a problemática do consumo de drogas nos Estados Unidos de Norte América e os efectos que está a ter sobre a poboación en xeral e moi especialmente sobre os riscos reais aos mozos que no seu tempo de lecer inclúen o consumo de drogas.
Recibirá resposta