O
Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais de paro
rexistrado correspondentes ao mes de setembro de 2018.
O número de parados rexistrados nas
oficinas dos Servizos Públicos de Emprego subiu en setembro en 20.441 persoas
en relación co mes anterior. Esta cifra é inferior á do ano pasado, que
rexistrou un aumento de 27.858 persoas.
En termos desestacionalizados, o paro descendeu en 19.398 persoas. Respecto de setembro de 2017 o paro
reduciuse en 207.673 persoas, o que
sitúa o nivel de baixada interanual en (-6,09%).
Así, a cifra total de parados
rexistrados é de 3.202.509.
O desemprego masculino sitúase en
1.313.151 persoas, ao subir en 6.157
(0,47%) e o feminino en 1.889.358, ao incrementarse en 14.284 (0,76%) en relación ao mes de agosto. Se o comparamos
con setembro de 2017, o desemprego masculino baixa en 126.314 (-8,78%) persoas, e o feminino descende en 81.359
(-4,13%).
Increméntase o desemprego dos mozos
menores de 25 anos en 22.765 (9,45%) persoas en relación co mes anterior.
Baixa, con todo, entre os que teñen 25 e máis anos en 2.324 (-0,08%).
O paro rexistrado subiu en 11
comunidades autónomas, especialmente en Andalucía (12.021), Estremadura (3.640)
e Asturias (2.269). Descendeu nos 6 restantes destacando Castela-A Mancha
(5.196) e Canarias (1.587).
Por sectores económicos de procedencia dos
traballadores, o paro rexistrado baixou en Agricultura e Pesca en 8.437
(-5,68%), en Construción 7.427 (-2,66%), e en Industria en 2.415 (-0,86%). Pola
contra aumentou en Servizos en 28.945 persoas (1,32%) e no colectivo sen
emprego anterior en 9.775 (3,51%).
Ourense:
Baixa o
paro rexistrado en setembro en relación co mes anterior en 32 persoas, un
- 0,17 %.
A nivel
interanual, isto é, con respecto a setembro do ano pasado, 1.761 persoas
saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do
desemprego do – 8,55 %.
O
número de parados queda en 18.840, deles 7.676 son homes e 11.164 mulleres,
17.807 son maiores de 25 anos e 1.033 menores.
Por
sectores, 758 son da agricultura, 2.271 da industria, 1.552 da construción, 12.258
nos servizos e 2.001 do colectivo sen emprego anterior.
Galicia:
O paro
rexistrado de Galicia medrou en setembro en 1.896 persoas con
respecto a agosto (un 1,15 %). Este aumento do paro é inferior á
media rexistrada nos meses de setembro dos últimos 10 anos. O paro baixa en
todos os sectores excepto no sector servizos, o que confirma que a subida do
paro en setembro está asociada á caída do emprego estacional.
O número de parados queda en 166.320, deles 68.684 son homes e 97.636mulleres, 158.179 son maiores de 25 anos e 8.141 menores.
Por sectores, 5.261 son da agricultura, 18.733 da industria, 13.078 da construción, 113.319 nos servizos e 15.029 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto a setembro do ano pasado, 17.737 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 9,64 %. Galicia lidera a caída do paro interanual en España o que supón unha caída do case o dobre que a rexistrada en setembro de 2017 con respecto ao mesmo período de 2016.
A baixada do 9,64% é tres puntos e medio
superior á media do Estado que se situou nun -6,09%. Trátase, ademais, do
terceiro maior descenso nun mes de setembro de toda a serie histórica, desde
1996. A Comunidade galega, así mesmo, encadea case 5 anos de baixadas
consecutivas do paro, desde novembro de 2013, situándose a niveis de hai 9
anos.
O desemprego baixa en todos os colectivos con máis
dificultades para atopar un traballo. Nos menores de 30 anos baixa nun -11,07%;
nos parados de longa duración nun -9,06%; e nas mulleres nun -7,64%. O paro
tamén cae nas catro provincias galegas, nas 7 grandes cidades e en todos os
sectores de actividade, liderando o descenso a construción (-19,82%), seguido
da agricultura e da pesca (-18,32%), da industria (-11,80%) e dos servizos
(-7,52%).
Con
respecto ás catro provincias, lidera a caída do desemprego a de Pontevedra
(-12,21%), seguida de Ourense (-8,55%); A Coruña (-7,86%); e Lugo (-7,55%).