O río Barbaña ao seu paso por Castroverde |
As
preguntas dirixidas ao Goberno foron as seguintes:
"Actuacións
de saneamento e depuración, protección fronte a inundacións, acondicionamento
fluvial, restauración de ríos, infraestruturas hidráulicas e abastecementos que
ten en execución a Confederación
Hidrográfica do Miño-Sil.
Situación
da execución do Proxecto de Cooperación Transfronteiriza ( POCTEP) " Risc
Miño-Lima" que xestiona entre outros a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
Situación
da execución do Proxecto de Cooperación Transfronteiriza (POCTEP) "Raia
Termal", de cuxo seguimento e xestión é responsable a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
Estado
actual no que se atopa a redacción do proxecto da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que permita
finalizar o saneamento do río Barbaña e a mellora da EDAR de San Cibrao, (fase
II) na provincia de Ourense."
Pretendemos
con estas preguntas seguir moi pendentes duns proxectos xestionados pola CHMS, na etapa do seu anterior xestor,
Francisco Marín, na que se logrou conseguir e poñer en marcha importantes proxectos
financiados con fondos comunitarios.
E por
suposto estamos moi interesados na continuación do saneamento do Barbaña, das
obras necesarias na EDAR existente para facer que o seu funcionamento sexa máis
fiable e flexible fronte a verteduras accidentais á rede de saneamento, e con
maior capacidade de tratamento para poder absorber a toda a poboación e
industria conectadas.
Igualmente
sobre o deseño das obras necesarias nos colectores de saneamento que permitan
eliminar totalmente as verteduras de augas residuais industriais ao río
Barbaña. E sobre a execución de actuacións que incluirán tanques de tortmenta e
colectores de maior capacidade.
Agardamos
a resposta do Goberno da que daremos conta neste Blog.
Recibirá resposta