jueves, 1 de noviembre de 2018

Avances no proxecto de construción do novo aparcadoiro na estación intermodal de Ourense


Onte coñecemos que o Consello de Administración de  Adif Alta Velocidade aprobou na súa última reunión a licitación, por importe global de 6.483.593,5 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de 12 meses, das obras de construción do novo aparcadoiro para turismos integrado na estación intermodal de Ourense.

O deseño técnico foi asumido pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda  da Xunta de Galicia, que financia o 67 % do custe da obra.

A construción deste aparcadoiro responde o Convenio Marco de Colaboración subscrito o 22 de xuño de 2016 - etapa de goberno do Partido Popular- entre o Ministerio de Fomento,  Adif AV, a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense, para o desenvolvemento da futura estación intermodal na cidade e a súa contorna urbana.

Novo aparcadoiro

O novo aparcadoiro, que terá capacidade para 302 prazas en dúas plantas, situarase no subsolo da Praza da Estación e xunto á nova estación de autobuses, garantindo o efectivo intercambio modal para os usuarios.

O soto 1 albergará 145 prazas e o soto 2 inclúe 157. Do total de prazas reservaranse cinco en cada soto para persoas con mobilidade reducida.

Ademais, a actuación contempla a reordenación da Praza da Estación, incluíndo bolsa de taxis, zonas de parada momentánea, aparcadoiro de motos e bicicletas, etc.

O resultado final deste espazo liberado de vehículos, tras a adaptación da estación de ferrocarril aos servizos de alta velocidade, será unha nova praza peonil cuberta na fronte da estación actual, que funcionará como  nodo intermodal e gran espazo público representativo, conectando a estación de ferrocarril, a nova estación de autobuses, o novo aparcadoiro subterráneo e a nova pasarela peonil urbana entre os barrios de “O Vinte e un” e “A Ponte”.

O proxecto recolle tamén a dotación, nos terreos da futura estación de autobuses, dun aparcadoiro provisional durante as obras de construción do subterráneo definitivo e a urbanización exterior unha vez finalizada a actuación.
Estación intermodal de Ourense.

Na nota difundida por Adif-Av ponse de manifesto que  a nova estación ferroviaria de Ourense, contempla investimentos por un importe total de 146,1  M€ (IVE incluído), e que está integrada dentro dunha estratexia global urbana nun espazo intermodal, onde se situará tamén a estación de autobuses, a cargo @de la Xunta de Galicia.

O proxecto para a estación está desenvolto polo prestixioso equipo de arquitectos de  Foster+ Partners, e nel participou tamén a enxeñería pública  Ineco. A proposta dá resposta tanto ás necesidades ferroviarias, como de mobilidade e permeabilidade na cidade.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta