Publica hoxe o BOE a resolución da Secretaría Xeral de Infraestruturas de data 17 de outubro de 2018 pola que se abre a Información Pública correspondente ao Expediente de Expropiación Forzosa 021ADIF1817 motivado polas obras do "Proxecto Básico de Centros de Autotransformación Asociados do Tramo Pedralba-Ourense. Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia", nos termos municipais de Requejo de Sanabria, Lubián (Zamora), A Mezquita, A Gudiña, Laza, Vilar De Barrio, Xunqueira de Ambía e Ourense(Ourense).
O ente ADIF-Alta Velocidade, o 9 de outubro de 2018 instó a incoación do expediente de expropiación forzosa para dispoñer dos terreos necesarios para a execución das obras do Proxecto de referencia, aprobado o 16 de xullo de 2018.
Dita aprobación comporta a declaración de utilidade pública e a urxencia de ocupación dos terreos (Lei 38/2015, do 29 de setembro do Sector Ferroviario), sendo por tanto de aplicación os preceptos contidos no artigo 52 da Lei de Expropiación Forzosa do 16 de decembro de 1954 e concordantes do Regulamento do 26 de abril de 1957.
Na súa virtude, a Secretaría Xeral de Infraestruturas resolveu abrir información pública durante un prazo de 15 (quince) días hábiles, contados na forma disposta no artigo 17 do Regulamento do 26 de abril de 1957, para que os titulares dos bens e dereitos afectados e todas as demais persoas ou entidades interesadas, poidan formular por escrito ante este Departamento as alegacións que consideren oportunas, de acordo co previsto nos artigos 18 e 19 da Lei de Expropiación Forzosa e no artigo 56 do seu Regulamento de desenvolvemento.