viernes, 30 de noviembre de 2018

Comeza a 23 edición do Ourense Filme Festival

Miguel Ánxo Fernández
Acudo  onte  ao Auditorio Municipal para asistir á Gala de inauguración da 23 edición do Ourense  Filme Festival

Comezou con la actuación de la Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, que deu paso a la actriz  ourensá Ledicia Sola, que  foi a encargada de dirixir  a gala.

Interveu Miguel Ánxo Fernández, vicepresidente da Fundación Carlos Velo  e coordinador artístico do  OUFF,  agradecendo a Manuel Baltar o seu empeño en sacar adiante esta edición de 2018, que  foi preparada en tempo  récord.

Logo foi a quenda do presidente da Deputación que  fixo entrega da   Calpurnia de Honra  ao cineasta  ourensán   Xavier Bermúdez, en recoñecemento á traxectoria do director, guionista  e  produtor.

Manuel Baltar e Xavier Bermúdez
Despois da entrega do galardón, o músico vasco  Kepa   Junkera  interpretou un tema  moi especial antes do visionado de “Mar de Terra”. Un documental,  dirixido por José Antonio Blanco, e producido por Javier   Torquati, e no que Junquera é protagonista.

Un moi bonito documental nel que se mostran varios dos Entroidos da provincia de Ourense e de Lugo cunha perspectiva cercana e natural destas  tradicións ancestrais.

Para finalizar,   Kepa   Junkera  e  os seus músicos interpretaron a canción  composta en exclusiva para este documental. 

Parabéns por salvar da desaparición este Festival; estóu  convencido de que seguro será un éxito.

Con Jacobo Sutil, Director de AGADIC
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta