O Servizo Público de Emprego
Estatal difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes
ao mes de outubro de 2018.
O número de parados rexistrados
nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego nos últimos doce meses reduciuse
en 212.323 persoas, situando o ritmo de diminución interanual de diminución no
6,12%.
En termos desestacionalizados, o paro descendeu en
27.483 persoas.
O número de desempregados subiu
en outubro en 52.194 persoas en relación
co mes anterior (1,63%). Esta cifra é inferior á do ano pasado, que rexistrou un
aumento de 56.884 persoas.
A cifra total de parados é de
3.254.703. Así, o paro rexistrado continúa nos seus niveis máis baixos dos
últimos 9 anos.
O desemprego masculino sitúase en
1.340.190 persoas, ao subir en 27.039
(2,06%) e o feminino en 1.914.513, ao incrementarse en 25.155 (1,3%) en relación ao mes de setembro. Se o
comparamos con outubro de 2017, o desemprego masculino baixa en 125.187
(-8,5%) persoas, e o feminino descende
en 87.136 (-4,3%).
Aumenta o desemprego dos mozos
menores de 25 anos en outubro en 10.724 (4,07%) persoas en relación co mes
anterior. Durante os últimos 12 meses o paro entre os mozos reduciuse en 23.145
persoas, que supón un ritmo do 7,8%, máis dun punto e medio por encima da taxa
de redución global, que é do 6,1%.
Entre os que teñen 25 e máis anos
o paro increméntase en outubro en 41.470 (1,4%) respecto a setembro.
En canto aos Contratos de
Formación e Aprendizaxe, comunicáronse aos Servizos Públicos de Emprego un
total de 4.636 no último mes de outubro.
O paro rexistrado baixou en 3
comunidades autónomas: na Comunidade Valenciana (-2.902), Madrid (-2.106)
e no País Vasco (-622). Sobe nos 14
restantes encabezadas por Andalucía (10.854) e Cataluña (10.853).
Por sectores económicos de
procedencia dos traballadores, o paro rexistrado reduciuse en Construción en
3.695 (-1,3%). Pola contra sobe en Agricultura 9.301 (6,6%), en Industria en
2.821 (1,01%), en Servizos en 43.219 persoas (1,9%) e no colectivo sen emprego
anterior en 548 (0,19%).
Ourense:
Medra o paro rexistrado en outubro
en relación co mes anterior en 959 persoas, un 5,09 %. Hai un ano o paro baixaba en Ourense en 296 persoas (-1,44%)
A nivel interanual, isto é, con
respecto a outubro do ano pasado, 506 persoas saíron en Ourense das
listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 2,49 %. Hai un ano o mesmo dato era dunha caída do - 7,38 %.
Sen dúbida, os datos deste mes son moi negativos.
O número de parados queda en
19.799, deles 8.365 son homes e 11.434 mulleres, 18.660 son maiores de 25 anos
e 1.139 menores.
Por sectores, 1.067 son da agricultura,
2.412 da industria, 1.591 da construción, 12.737 nos servizos e 1.992 do
colectivo sen emprego anterior.
Galicia:
O paro rexistrado de
Galicia medrou en outubro en 3.424 persoas con respecto a setembro
(un 2,06 %).
O número de parados queda en
169.744, deles 71.014 son homes e 98.730 mulleres, 160.988 son maiores de 25 anos
e 8.756 menores.
Por sectores, 6.075 son da agricultura, 18.940 da industria, 13.841 da construción, 115.892 nos servizos e 14.996 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto a outubro do ano pasado, 16.159 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 8,69 %.
Con respecto ao dato provincial, lidera a caída do paro Pontevedra (-10,21%), seguida de Lugo (-9,11%), da Coruña (-8,76%) e de Ourense (-2,49%).
Recibirá resposta