O pasado 30 de outubro, o Boletín Oficial do Congreso publicaba unha pregunta oral en Comisión na que preguntaba o seguinte:
¿Que compromiso asume o Goberno para dotar á nova liña de alta velocidade Madrid-Galicia, unha vez que se culmine en 2019, dos novos trens Avril?
Hai poucos días, a Conselleira de Infraestruturas Ethel Vázquez dirixiu unha carta ao presidente de Renfe Isaías Táboas na que lle dicía que as obras da liña de alta velocidade a Galicia están a desenvolverse segundo o cronograma e planificación previstos por anterior Goberno de España, coa finalización das mesmas e inicio de período de probas a final do ano 2019, e que para o Goberno galego é absolutamente prioritario (e por iso irrenunciable) ver completada a conexión de alta velocidade con Madrid, non só nos prazos comprometidos, senón tamén en tempos competitivos e cun servizo de frecuencias razoable.
Dicía Ethel Vázquez ao presidente de RENFE que non se trata só de traballar na mellora da infraestrutura, senón tamén na mellora da prestación do servizo (frecuencias) e tamén material rodante.
Ao mesmo tempo, a Conselleira facíase eco de inflamacións que daban conta de que en canto á prestación do servizo, a nova liña ferroviaria de alta velocidade está dimensionada para unha capacidade de 19 circulacións por sentido, pero que parece que o Ministerio de Fomento só utilizaría a metade da capacidade prevista para esta nova liña, pasando de 6 trens por sentido actuais a 10 frecuencias.
E á vista diso é polo que Ethel Vázquez para alcanzar os tempos de viaxe competitivos que demandamos, dada a convivencia de dous anchos de vía na liña, afirma que é imprescindible a asignación á liña de unidades dos novos trens AVRIL de ancho variable encargado xa por Renfe. Esta cuestión sobre o material rodante é totalmente necesaria para asegurar unha verdadeira conexión en alta velocidade.
Pois ben, a miña total coincidencia co expresado pola Conselleira, necesitamos coñecer que previsións manexa RENFE en relación co material rodante para a xa máis próxima conexión por alta velocidade con Galicia. Agardamos resposta.