O Pleno do Congreso dos Deputados votará o vindeiro xoves 22 de novembro a convalidación ou derrogación do real decreto-lei 17/2018, do 8 de novembro, polo que se modifica o Texto refundido da Lei do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados. Con este real decreto o Goberno quierehacer fronte á "incerteza xerada" polas sentenzas do Tribunal Supremo sobre quen debe pagar o imposto hipotecario e fixar "de modo preciso un marco xurídico que estableza as regras dunha actividade mercantil tan común como o contrato de préstamo con garantía hipotecaria". Para iso, o real decreto establece que modificou o artigo 29 da lei de Transmisións Patrimoniais para determinar que será o banco prestamista o encargado de pagar o imposto.
O xoves tamén debateremos o ditame da comisión de Xustiza sobre a proposición de Lei Orgánica de modificación da Lei Orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código penal, en materia de imprudencia na condución de vehículos a motor ou ciclomotor e sanción do abandono do lugar do accidente. A proposición de orixe deste ditame marcaba como obxectivos aumentar os supostos nos que se considera o accidente como "imprudencia grave", aumentar as penas coas que se castiga este tipo de condutas e introducir o delito de abandono do lugar de accidente.
O Pleno do xoves completarase co debate sobre o real decreto-lei 18/2018, do 8 de novembro, sobre medidas urxentes en materia de estradas e os debates sobre os textos alternativos ás iniciativas sobre regulación de prácticas académicas universitarias, modificación da regra de gasto e da lei de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira. Por último os deputados votarán a proposta de nomeamento de vogais do Consello Xeral do Poder Xudicial.
Antes de todo iso, o martes 20 de novembro, ás 15.00 horas comezará o debate sobre a toma en consideración da proposición de lei de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea sobre o establecemento dunha recarga de solidariedade ás entidades de crédito. A proposta expón crear un imposto extraordinario cunha duración temporal de cinco anos, con posibilidade de ser prorrogados, que se basearía nunha recarga sobre os beneficios, "plasmado nun tipo diferenciado no Imposto de Sociedades". Deste xeito os proponentes pretenden recuperar parte dos 60.000 millóns de euros de axudas públicas ao sistema financeiro que o Banco de España considera irrecuperables.
A continuación o Pleno abordará a toma en consideración da proposición de lei dos grupos Socialista, Unidos Podemos e Mixto sobre bebés roubados, iniciativa que ten como obxecto "proporcionar os instrumentos normativos e recursos necesarios para o recoñecemento e efectividade do dereito á verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición das vítimas", ademais de facilitar a investigación dos feitos.
No apartado de proposicións non de lei, os deputados debateremos sobre a proposta do grupo Popular para ao Goberno a non aumentar o imposto ao diésel e a de Unidos Podemos para pedir que o Executivo desenvolva un "plan global de reactivación industrial liderado polo sector público con participación sindical para avanzar nun novo modelo produtivo baseado no emprego de calidade, a innovación tecnolóxica, a sustentabilidade ambiental e o fortalecemento do mercado interior".
Por último, a Cámara Baixa discutirá as mocións consecuencia de interpelación urxente de Unidos Podemos sobre o cumprimento das medidas establecidas polo Comité de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais de Nacións Unidas; a de Cidadáns sobre concesión de indultos aos líderes separatistas e do PP para que a ministra de Xustiza explique as accións que emprendeu para "condicionar e influír" nos traballos dos funcionarios de Xustiza.
Recibirá resposta