Visito esta mañá en Expourense, o salón Sportur
Galicia 2018 que chega a súa segunda edición co obxectivo de dar a coñecer o
labor que realizan ao longo de todo o ano as federacións e clubes deportivos de
Galicia ofrecendo un programa con máis de 100 actividades orientadas a promover
unha vida activa, saudable e en contacto coa natureza.
Quere demostrar o perfecto binomio que
en Galicia forman o turismo e o deporte á hora de vender á nosa comunidade como
destino entre mercados de proximidade incluíndo ademais a presenza de
expositores de Asturias e do Norte de Portugal.
Fixen un percorrido acompañando á
secretaria xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro e o director
xerente de Expourense Alejandro Rubín.
A celebración desta segunda edición
serve de quecemento para a XLII Carreira Popular de San Martiño porque os corredores
inscritos – entre eles quen escrebe - recollen os seus dorsais no recinto
feiral.
Turismo activo
Entre os expositores procedentes de
Portugal destaca a presenza dos parceiros de Turismo Porto e Norte que animou
ás cámaras municipais a presentarse como destino activo de proximidade. Dentro
desta rexión tamén haberá outros destinos que participan de xeito independente
como Ponte de Lima, Ribeira da Pena, Montalegre, Melgaço ou Vila Real, entre
outras.
Polo que respecta a Galicia, nesta cita
estanse a promocionar como destinos activos, naturais e sostibles concellos
como o de Ourense, Maceda, Trives, Catoira, Arnoia, Viveiro, Dumbría ou
entidades como o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, entre outros. Tamén
participa o de Ribadesella, en Asturias.
Recibirá resposta