O obxectivo destas tarefas é permitir a entrada de trens de probas e maquinaria auxiliar no tramo Zamora- Pedralba, de fronte ao comezo da fase de ensaios.
As obras non afectarán o servizo ferroviario da relación Zamora-Galicia debido a que se realizarán no horario nocturno da banda de mantemento.
Os traballos inclúen a demolición dunha topera de formigón en horario nocturno, con martelo hidráulico, e tarefas para dar continuidade á actual vía de estacionamento de alta velocidade na estación de Zamora e conectala co tramo mixto (ancho internacional e ancho ibérico), que constitúe a saída ferroviaria de Zamora cara a Poboa de Sanabria e Galicia.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta