domingo, 30 de diciembre de 2018

Sobre o impulso á Biblioteca Pública do Estado e o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense


BIBLIOTECA PÚBLICA DO ESTADO EN OURENSE
O pasado 26 de setembro de 2018  os deputados ourensáns do Partido Popular Ana Belén Vázquez, Miguel Ángel Viso, e quen subscribe formulamos unha pregunta ao Goberno interesándonos pola urxencia no  amoblamento da Biblioteca do Estado en Ourense,  tendo en conta que as obras xa estaban finalizadas e que había partida nos  PGE de 2018.
O 21 de novembro en relación  coa pregunta citada o Goberno respondíanos e dicía: “infórmase que as obras da nova sede da Biblioteca Pública do Estado (BPE) en Ourense atópanse finalizadas e pendentes de recepción pola Administración Xeral do Estado, a partir da cal se procederá á subministración do equipamento e mobiliario. Cabe sinalar que se acordou cos responsables da Xunta de Galicia o equipamento e mobiliario básico e imprescindible para poder iniciar o traslado dos fondos desde a actual sede e iniciáronse os correspondentes expedientes de contratación. O equipamento foi adquirido con data do pasado 30 de setembro por valor de 193.183,34 euros, e estase pendente da recepción do edificio para proceder á súa instalación, así como estúdase -xunto cos técnicos da Xunta e a Dirección da Biblioteca- o resto de necesidades para a súa adquisición polo Ministerio de Cultura e Deporte.”
Por mor desta resposta, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez dirixiu unha carta ao Ministerio de Cultura e hoxe publica no seu Facebook o seguinte:
 “O Goberno Central comprométese a que en abril esté instalado o mobiliario da Biblioteca Pública do complexo de San Francisco para que a Xunta poida trasladar fondos e persoal e proceder á súa apertura. O subsecretario do Ministerio de Cultura y Deporte, Javier García Fernández, respondeume por escrito á carta que remitín a Madrid o pasado 26 de novembro, solicitando información sobre os proxectos pendientes: A Biblioteca, o Arquivo Provincial e o Museo Arqueolóxico, que suporán investimentos por 36 millóns de euros por parte do Ministerio de Cultura en Ourense”

MUSEO ARQUEOLÓXICO PROVINCIAL DE OURENSE

Tamén o pasado 25 de setembro de 2018  os deputados ourensáns do Partido Popular Ana Belén Vázquez, Miguel Ángel Viso, e quen subscribe formulamos outra pregunta ao Goberno interesándonos polo impulso ás obras de rehabilitación integral do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

O 21 de novembro en relación  coa pregunta citada o Goberno respondíanos e dicía: “infórmase que a licenza de obras para a rehabilitación do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense foi aprobada o pasado mes de setembro. Os pregos que rexerán a contratación atópanse en fase de elaboración, para proceder á licitación antes de que finalice o presente exercicio”
Por mor desta resposta, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez dirixiu a aludida carta ao Ministerio de Cultura e hoxe publica na súa Facebook o seguinte: “Respecto ao Museo Arqueolóxico, infórmame que os pliegos para a licitación da obra (calculada en máis de 12 millóns de euros) xa foron redactados e actualmente están sendo informados pola Abogacía del Estado e avanza que a previsión é que durante o mes de xaneiro sexa publicado o concurso público do BOE.”

Confiemos unha vez máis en que estas palabras do Subsecretario cúmpranse e vexamos pronto en servizo a Biblioteca Pública do Estado e licitadas en xaneiro as obras do Museo Arqueolóxico.

Aproveito para recoñecer o enorme traballo do alcalde Jesús Vázquez que impulsou desde o inicio deste mandato e con enorme interese estes proxectos culturais tan importantes para a nosa cidade.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta