Hoxe
varios medios escritos recollen a noticia.
O
xornal comarcal “O Sil” resalta as miñas palabras comentando a noticia: “É un día moi feliz
pois é a resultante dun traballo de impulso realizado dende hai moitos anos por
responsables políticos de diferente signo, pola sociedade civil valdeorresa
(singularmente AEVA e a AGP) e polos medios de comunicación”, comenta. Tamén
lembra os últimos pasos dados “na tramitación administrativa desta estrada nos
últimos anos, da etapa do goberno do PP”.
O diario La
Voz de Galicia, na súa edición de Ourense recolle a miña valoración: “O deputado do PP Celso Delgado tamén se congratulaba
da aprobación do Consello de Ministros, e remarcaba que o proxecto chegaba a
ser realidade tras o traballo de moita xente nos últimos 15 anos”
Finalmente o Diario La Región publica unha
información que recolle declaracións sobre a licitación da circunvalación do
Barco, que foi cualificada como "
unha gran noticia" polo alcalde do Barco, Alfredo García Rodríguez. "
Trátase dá obra máis importante de
todas as realizadas na comarca nos últimos 30 anos, tanto non que
ten que ver coa forte investimento económico, como non
que atinxe aos beneficios que esta obra achegará para O
Barco e ou resto dá comarca".
Afirmación
que comparto, pero non outra que engade o citado alcalde cando tras resaltar a
resposta do Executivo de Pedro Sánchez ás peticións do Concello barquense, engade "para que
esta obra deixase de estar non caixón non que quedou durante ou goberno
do PP e fose reactivada".
Unha crítica que
motivou que o xornalista José Cruz me peguntara respecto diso e a miña resposta foi a de rexeitala:"Son declaracións tristes, que non
evidencian o nivel político esixible", dixo. En todo caso, mostrou a súa
"alegría e satisfacción" polo anuncio, "especialmente, por
Valdeorras", e lembrou que a licitación "vai con cargo aos orzamentos
do anterior Goberno popular"
http://www.laregion.es/articulo/valdeorras/autorizada-licitacion-conexion-barquense-n-536-n-120/20181221142457843627.html
Creo que para alegrarse dunha boa noticia non é necesario agredir ao adversario político, faltando á verdade. Sabe perfectamente o veterano alcalde do Barco o lento devir administrativo desta estrada, pola que él e outros como eu vimos interesándonos desde fai lustros. A cantidade de xestións realizadas diante de diferentes instancias ministeriais para acelerar trámites, acadar consignacións orzamentarias ou desbloquear problemas, etc.
Foron gobernos populares e socialistas os que por mandato dos electores, tiveron a obrigación de tramitar esta conexión.
E no meu caso mantiven igual interese en impulsar cada trámite, tanto como deputado da oposición ou en apoio ao executivo. E trando sempre de informar a sociedade cvil valdeorresa.
O histórico dos principais hitos administrativos que a continuación detallo expresa a realidade do que digo.
Creo que para alegrarse dunha boa noticia non é necesario agredir ao adversario político, faltando á verdade. Sabe perfectamente o veterano alcalde do Barco o lento devir administrativo desta estrada, pola que él e outros como eu vimos interesándonos desde fai lustros. A cantidade de xestións realizadas diante de diferentes instancias ministeriais para acelerar trámites, acadar consignacións orzamentarias ou desbloquear problemas, etc.
Foron gobernos populares e socialistas os que por mandato dos electores, tiveron a obrigación de tramitar esta conexión.
E no meu caso mantiven igual interese en impulsar cada trámite, tanto como deputado da oposición ou en apoio ao executivo. E trando sempre de informar a sociedade cvil valdeorresa.
O histórico dos principais hitos administrativos que a continuación detallo expresa a realidade do que digo.
O IMPULSO DOS GOBERNOS DO
ESTADO Á CIRCUNVALACIÓN DO BARCO DE VALDEORRAS.
ETAPA PSOE.
En outubro de 1994 redactouse un Estudo Previo
de Conexión entre a N-536 e N-120, onde se analizaban alternativas como a
que se facía pasar pola Veiga de Cascallá.
ETAPA PP.
En novembro de 2003 solicitouse unha Orde de
Estudo para a realización do Estudo Informativo.
ETAPA PSOE
A Orde de Estudo foi resolta pola Dirección
Xeral de Estradas o 16 de setembro de 2004.
24 de xuño de 2005: O Ministerio de Fomento
licitou coa súa publicación no BOE a redacción do estudo informativo da
conexión entre as estradas N-120 e N-536 no Barco, cun orzamento de licitación
de 178.817,00 €.
26 de xaneiro de 2006: O Ministerio de Fomento adxudicou á empresa Norcontrol
S. L. a redacción do Estudo Informativo. O orzamento de adxudicación
ascendeu a 120.701,48 €.
28 de xaneiro de 2008: Emítese unha Resolución
do Subdirector Xeral de Planificación pola que se aproba provisionalmente o
estudo informativo, recomendando como alternativa máis favorable a B-4 cunha lonxitude aproximada de 6.520
metros e un orzamento basee de licitación de 22,9 millóns de euros.
16 de febreiro de 2008: O BOE publicou o
anuncio da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia polo que se somete a
información pública a aprobación provisional do Estudo Informativo.
6 de marzo de 2009: o Ministerio de Medio
Ambiente, e Medio Rural e Mariño ( MARM) formulou a Declaración de Impacto
Ambiental favorable á realización do proxecto de conexión das estradas N-120 e
N-536 no Barco de Valdeorras.
13 de xuño de 2009: o Ministerio de Fomento
aprobou definitivamente o Estudo Informativo desa estrada. Indícase entón que
comportaría un investimento de 30,7 millóns de euros.
2 de agosto de 2011: O BOE publicou o Anuncio
de licitación da Dirección Xeral de Estradas, para a redacción dos proxectos de
trazado e construción: Conexión entre as estradas N-120 e
N-536.
ETAPA PP.
O BOE
do 15 de decembro de 2012 o
BOE publicou o Anuncio de formalización do contrato da Dirección Xeral de
Estradas para a redacción dos proxectos de trazado e construción da
Conexión entre as estradas N-120 e N-536. Tramo:
Sobradelo-O Barco de Valdeorras. Provincia de Ourense.
O
Ministerio de Fomento iniciou coa publicación no BOE do 12 de marzo de 2015, o período de
información pública do proxecto de trazado que foi aprobado provisionalmente o
25 de febrero dese ano.
18 de febreiro de 2016: o
Ministerio de Fomento aprobaba, o expediente de información pública e
definitivamente o proxecto de trazado.
Recibirá resposta
23 de novembro de 2016: o Ministerio de Fomento
aprobou o Proxecto de Construción cun orzamento estimado de 63,64 millóns de
euros.
Tramitáronse
as expropiacións, levantándose as actas previas entre o 11 e o 20 de xullo de 2017 nos concellos do Barco
de Valdeorras e Carballeda de Valdeorras.
7 de maio de 2018: nun acto oficial en Ourense,
o anterior ministro Íñigo de la Serna dixo que “a circunvalación do Barco é outra das estradas demandadas na provincia
e na que estamos a traballar na fase final da tramitación, correspondente a un
proxecto xa aprobado con vistas a poder licitar neste mesmo ano as actuacións”
22 de maio de 2018: o
Pleno do Congreso cos votos do Grupo Parlamentario Popular e outros aliados
parlamentarios, e o voto en contra do Grupo Parlamentario Socialista, aprobou o proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2018. Nesta Lei hai unha partida de 3
millóns de euros para a licitación desta estrada.
ETAPA SOCIALISTA
O 2 de xuño de 2018, despois dunha moción de censura volve ao Goberno o partido socialista e a piques de rematar 2018 anuncia o 21 de decembro de 2018 que o Consello de Ministros autoriza ao Ministerio de Fomento a licitación desta estrada.
Finalizo: debemos seguir traballando, cada un desde o seu posto político, en impulsar esta estrada - co apoio da sociedade civil valdeorresa e dos medios de comunicación, ata que sexa unha realidade e podamos circular por ela.