Da actualidad política desta semana saliento o protocolo
de colaboración selado entre a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, no que se
sentaron as bases de colaboración entre a Xunta e o Concello para promover un
contorno urbano cada vez máis accesible e seguro. Un investimento de máis de 9,7 millóns de euros en un total de 16 actuacións, para mellorar a mobilidade e reforzar a seguridade nas vías de titularidade autonómica integradas no tecido urbano da cidade de Ourense.
Indicou Ethel Vázquez que o departamento de infraestruturas
da Xunta será a encargada de financiar e executar as obras e, unha vez estean
finalizados os traballos, o Concello de Ourense asumirá a titularidade daqueles
treitos de estradas que queden configurados con características de rúa urbana.
Un total de 5,7 km de vías autonómicas pasarán a ser de titularidade municipal,
sendo así máis acorde coas necesidades e usos actuais, dixo.
Concretou que esta intervención cómpre cos
obxectivos do Plan de Seguridade Viaria 2016-2010 e que permitirá traballar en
3 eidos de varias estradas autonómicas da cidade das Burgas, mellora da
seguridade viaria e da integración urbana, mellora do firme e das beirarrúas e Plan
de Sendas de Galicia.
Lembrou que as intervencións que neste
momento ten en marcha na cidade o departamento que dirixe, como por exemplo na
rúa Otero Pedrayo ou no núcleo de Seixalbo, estarán rematadas no primeiro
semestre do vindeiro ano.
Avanzou que xa se teñen en tramitación
avanzada o resto de proxectos que están contemplados no protocolo de
colaboración asinado hoxe.
Referiuse así ás melloras nas rúas Concordia,
Progreso, río Arnoia, Avenida das Caldas ou a 2ª fase da Ponte Vella, presentada
recentemente, ás que se suman á mellora na rúa Marcelo Macías. Tamén está
previsto na contorna do tanatorio de Seixalbo unha nova obra neste núcleo de
poboación, que completará os traballos que están en execución agora mesmo.
Ademais, as actuacións prevista no protocolo completaranse
coa execución de 6 sendas que se atopan dentro do Plan de Sendas de Galicia
para esta cidade. Itinerarios para peonís máis seguros en Reza, Ponte Sevilla,
A Rabaza ou Perdigón, entre outras.
En definitiva, subliñou, actuacións todas
elas que teñen como obxectivo final a mellora da seguridade viaria e a mellor
integración urbana da rede de estradas de titularidade autonómica da cidade de
Ourense. E segundo abundou, busca conseguir
vías de tránsito e mobilidade máis seguras, adecuar os viais á realidade da súa
contorna e diminuír as situacións de risco, especialmente para os usuarios máis
vulnerables das estradas.
Ethel Vázquez incidiu en que esta
intervención e todo un exemplo de traballo conxunto entre administracións
–autonómica e local- para traballar en rúas significativas do tecido urbano, e veñen a completar as xa feitas nestes
últimos anos, como a renovación da ponte do Milenio, a iluminación da pasarela
de Oira ou a 1ª fase da posta en valor da Ponte Vella, entre outras.
Neste sentido, fixo fincapé en como coa
conxunción de esforzos e con traballo conxunto sempre xorden máis e mellores
proxectos, sendo proba clara Ourense, mentres noutras capitais galegas a Xunta
de Galicia inviste con dificultade.
A conselleira sinalou que, proba da facilidade
da colaboración con Concello de Ourense, só a Axencia Galega de Infraestruturas
executara aquí obras por importe de 4,5 millóns de euros, que sumados ao
protocolo asinado hoxe fan un total de máis de 14 M€ en catro anos. E, aos que se
poderían engadir investimentos de outros departamentos da consellería como a estación
Intermodal ou as obras de saneamento.
Celebrar esta suma de esforzos e de colaboración entre Xunta e Concello para facer cidade e para que os veciños de Ourense vexan reforzada a súa seguridade viaria, a fluidez no tráfico e, en consecuencia, vexan incrementada a súa calidade de vida.