lunes, 31 de diciembre de 2018

Facendo balance da execución dos proxectos de construción de estradas da rede do Estado en Ourense



Hoxe, último día del año consulto a primeira hora o BOE para ver se publica algunha nova lcitación de estradas na provincia de Ourense que estaban comprometidas na Lei de Orzamentos Xerais do Estado de 2018.

Desde o cambio de goberno, despois da moción de censura e a chegada ao Ministerio de Fomento do ministro Ábalos e o seu equipo, estiven realizando varias xestions para impulsar aqueles proxectos prioritarios para a provincia e que tiñan un cronograma previsto. Así, a finais do pasado mes de xullo, mantive unha reunión co novo Director General de Carreteras, Francisco Javier Herrero Lizano, ao que entreguei un documento sobre as prioridades da provincia de Ourense.




Tamén nos meses seguintes, os deputados ourensáns do PP formulamos diferentes preguntas parlamentarias no Congreso coa finalidade de coñecer a situación dos proxectos e reclamar aos responsables ministeriais a súa activación, tendo en conta que contan con consignación orzamentaria nos PGE de 2018.




Contas públicas en vigor desde o 4 de xullo e que foron elaboradas polo goberno de Mariano Rajoy e aprobadas pola maioría parlamentaria do Partido Popular e os seus aliados.

Advertimos mediante unha nota de prensa o 13 de novembro que quedaban 48 días para que remate o presente ano e os deputados ourensáns do PP alertabamos sobre o risco de perder investimentos e de adiamento de obras que son moi necesarias.



Fago agora un balance destes proxectos:

CONEXIÓN ENTRE A N-120 e a N-536. CIRCUNVALACIÓN DO BARCO DE VALDEORRAS


Por fin o 21 de decembro o Consello de Ministros, autorizou ao Ministerio de Fomento á licitación do contrato de obras para para a execución das obras de construción do tramo de estrada de conexión entre as nacionais  N-120 e  N- 536 entre Sobradelo e O Barco de Valdeorras, na provincia de Ourense, cun orzamento total de 63.640.276,29 €.





SENDAS PEONÍS DE RAZAMONDE (CENLLE)


Respecto deste proxecto, temos información de que finalmente foi acordada "in extremis" a súa licitación e agardamos a publicación na Plataforma de Contratación do Estado. 

Sería a culminación de dous anos e medio de tramitación. Compre salientar o gran traballo realizado polo alcalde, Gabriel Alén, que estivo esixindo constantemente que se cumprira o comprometido.


http://www.celsodelgado.gal/2018/12/quedan-20-dias-para-que-remate-o-ano.html

Así como celebro o cumprimento dos obxectivos realtivos aos dous proxectos anteriores, expreso a miña decepción polos incumprimentos por parte do Ministerio de Fomento dos seguintes obxectivos:

VARIANTE DE OURENSE: TRAMO  EIRASVEDRAS-QUINTELA

O 7 de febreiro de 2018, o secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda asinou a resolución mediante a que se aprobaba o expediente de información pública e, definitivamente, o documento técnico de adecuación do proxecto de construción do tramo enlace de Eirasvedras coa N-120, no seu punto quilométrico 573,800 - Ligazón de Quintela coa N-120 no seu punto quilométrico 572,000 (orzamento de licitación estimado con IVE de 30,2 millóns de euros).

O 7 de maio de 2018 nun acto oficial en Ourense, o anterior ministro Íñigo de la Serna resaltou a prioridade para o ministerio sobre a variante de Ourense, no tramo entre Eirasvedras e Quintela, sinalando que “o proxecto de construción finalizarémolo  no mes de xuño e a partir de aí entraremos na fase de supervisión do mesmo e será unha das prioridades de licitación en 2018”. E engadiu que “imos seguir traballando na redacción do proxecto do tramo entre Quintela-A Casilla, duns 95 millóns de euros, para tentar chegar a finalizar o proxecto neste ano 2018.”

Pois ben, o pasado 27 de setembro o novo secretario xeral de Inrfraestruturas respostaba a unha pregunta de Celso Delgado y dicía: “No tramo  Eirasvedras-Quintela, en relación co proxecto, vai realizar unha auditoría de seguridade viaria e a continuación aprobaremos o proxecto técnico, ou sexa, está pendente de culminarse esa auditoría de seguridade viaria”.


Ante este sorpresivo trámite -nunca antes anunciado- procedía que sin dilación o Ministerio de Fomento rematara esa auditoría e procedera á conclusión do proxecto de construcción.

A 31 de decembro non consta que tal cousa sucedera, e polo tanto queda adiada esta actuación de vital importancia para a cidade de Ourense, por falta de capacidade de xestión da Dirección General de Carreteras, e debo pensar tamén na falta de vontade política dos novos responsables ministeriais.

AUTOVÍA A-76. TRAMO ENTRE A VEIGA DE  CASCALLÁ E O BARCO DE VALDEORRAS

O tramo da A-76 entre A Veiga de Cascallá-O Barco de Valdeorras ten unha lonxitude de 8,4 quilómetros e un orzamento de 26,35 millóns de euros. O 7 de maio de 2018 nun acto oficial en Ourense, o anterior ministro Íñigo de la Serna dixo que “o departamento de Fomento está a traballar no tramo entre O Barco e León intensamente”. O BOE do 10 de maio de 2018 publicou a aprobación  do expediente de información pública do tramo que discorre integramente pola comarca de Valdeorras.

Pois ben, o pasado 27 de setembro o secretario xeral de Inrfraestruturas respostaba a unha pregunta de Celso Delgado y dicía que “a previsión de finalización da redacción do proxecto construtivo é maio de 2019”.

Unha resposta que amosaba que o goberno socialista incumpre os prazos previstos que eran que o proxecto de construción fora aprobado antes de que rematara 2018, como paso previo á licitación das obras deste primeiro tramo da autovía A-7. Os  PGE de 2018 contemplan para este fin unha partida de 3 millóns de euros. 

Evidentemente este adiamento é tamén unha mostra de falta de capacidade de xestión da Dirección General de Carreteras, e de vontade política dos novos responsables ministeriais.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta