Participei onte un ano máis na festa anual da Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense, Atave, na que coñecín a noticia de que o seu presidente Manuel Álvarez Gil deixase o cargo por motivos de saúde.
Todos os asociados tributáronlle un sentido e cariñosa homenaxe a esta excelente persoa e extraordinario presidente que leva máis de tres décadas ao servizo deste asociación, a máis antiga da provincia.
Grazas ao seu traballo ATAVE mantén unhas excelentes relacións coas diferentes Administracións Públicas, centrais sindicais, peritos tasadores de automóbiles, compañías de seguros, etc. para a defensa dos intereses comúns dos seus asociados.
E do que máis orgulloso pode estar Manuel é do Centro de Formación que leva anos impartindo cursos de formación ocupacional dirixidos a mozos desempregados e servindo de Centro de Reciclaxe onde se reconverten e actualizan todos os traballadores e empresarios integrados en ATAVE.
Parabéns.
Recibirá resposta