martes, 11 de diciembre de 2018

Quedan 20 días para que Fomento licite as obras das sendas peonís de Razamonde


Quedan 20 días para que remate o ano 2018, e novamente volvo a amosar a nosa preocupación pola falta de acción gubernamental en relación coas sendas peonís na travesía da estrada nacional 120 en Razamonde, Cenlle.

Despois de dous anos e medio de tramitación, está aprobado o proxecto e comprometida - desde o pasado mes de abril - a licitación das obras destas sendas peonís que se cualificaban polo Ministerio de Fomento como prioritarias. 

O alcalde, Gabriel Alén, ven esixindo constantemente que se cumpra o comprometido e non recibe máis que evasivas, o que supón un deseprezo institucional e unha grave desconsideración aos veciños que demandan unha maior seguridade vial.

Lembro que os PGE para 2018 contemplan unha partida para este fin de 260.000 €. 

Reclamamos a súa inmediata licitación antes de fin de año.

Non  hai escusas.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta