Celebro a presentación hoxe na Feira Internacional de Turismo, Fitur 2019, por parte do presidente da Deputación Provincial Manuel Baltar do proxecto
líder denominado “Hay un Ourense
para ti. Descúbrelo”, “que situará á provincia como referente turístico
aproveitando os recursos das tecnoloxías máis vangardistas”, afirmou Baltar. "A
nosa provincia destaca nun dos ámbitos que máis riqueza e competitividade
xerará nos vindeiros anos, impulsado pola chegada da alta velocidade: a
innovación no sector turístico, onde sobresae a administración electrónica e a
capacidade de conectar co visitante a nivel tecnolóxico", dixo.
Trátase dunha plataforma integral de turismo intelixente que ofrecerá aos turistas un portal web avanzado de
información turística; unha aplicación móbil de turismo da provincia; un
planificador de rutas baseadas nos gustos dos usuarios; sistemas de Realidade
Virtual; solucións de Realidade Aumentada, e experiencias inmersivas 360º con
fotografías e vídeo. O proxecto foi aprobado na convocatoria de axudas de
Destinos Turísticos Intelixentes de Red.es e suporá para a provincia de Ourense
unha inxección económica de tres millóns de euros, co-financiados aos 60 % polo
Estado.
Manuel Baltar dixo na súa intervención que este proxecto
“converterá a Ourense nun referente turístico aproveitando o potencial dos
recursos provinciais e das tecnoloxías máis vangardistas”. O proxecto enmárcase
na convocatoria de axudas de Destinos Turísticos Intelixentes de Red.es, na que
se seleccionaron 24 iniciativas de 9 comunidades autónomas, cun montante
económico total de 68,3 millóns de euros.
A iniciativa permitirá aos turistas que se acheguen á
provincia dispoñer dun acceso rápido, sinxelo e intuitivo de toda a información
de interese dos principais recursos turísticos (liña “Ourense ao teu alcance”);
de servizos personalizados “baixo demanda” (liña “Sinte Ourense”), e terán
acceso a experiencias inmersivas (liña “Ourense guíate”).
Os aspectos clave do proxecto son a integración nun único
punto de toda a información turística da provincia de Ourense por medio do uso
dun modelo tecnolóxico aberto (esquema Open Data) sobre a que se fomente a
participación, o diálogo e a colaboración entre os turistas a través das novas
tecnoloxías e as canles dixitais.
Parabéns pola iniciativa !
Parabéns pola iniciativa !
Trens turísticos
Posteriormente
a este acto tivo lugar no mesmo stand de Galicia a presentación dos “Trens
turísticos de Galicia” 2019, “unha iniciativa froito da cooperación entre
Deputación de Ourense, por medio do Inorde, a Xunta de Galicia e Renfe, que nas
sete edicións que se teñen desenvolvido ten acadado éxito tras éxito”, valorou
Manuel Baltar, destacando o protagonismo da provincia de Ourense, por cuxo
territorio pasa a metade destas rutas ferroviarias. A presentación contou,
ademais de Manuel Baltar, coa participación da directora de Turismo de Galicia,
Nava Castro, e do director de servizos comerciais de Renfe, Escolástico
González.
Recibirá resposta