domingo, 20 de enero de 2019

Feijóo: “Non presumimos de ter un pensamento único, senón de poñer o noso pensamento a disposición dos demais”


Ao remate da Convención, o presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, subliñou que os populares galegos ofrecen o seu modelo de organización de amplo espectro como exemplo e alternativa única ao socialismo, o populismo e o independentismo que hoxe goberna en España e que “só pensa en continuar no Goberno”. 

“Fronte a un PSOE que cada día se fai máis pequeno, no PP debemos facer máis amplas as nosas bases”, apuntou, para insistir en que na formación caben moitas sensibilidades diferentes.

Feijóo apuntou que esta Convención Nacional serviu para corroborar que o PP é “un proxecto de presente para lanzar o futuro e acreditar que somos un punto de encontro para moita xente”. “Non presumimos de ter un pensamento único, senón de poñer o noso pensamento a disposición dos demais”, recalcou.

Reivindicou ao seu partido como unha formación na que “non se esquece a ninguén, senón que sabemos que somos unha suma de todos os que nos precederon”, gabando as intervencións dos expresidentes Mariano Rajoy e José María Aznar, así coma do presidente Pablo Casado. “Marchamos de aquí tranquilos e satisfeitos, porque sabemos que podemos seguir sendo útiles á maioría social coa que soñaba Manuel Fraga”, sentenciou.

Nesta Convención estivemos presentes unha delegación do PP de G que superou as 160 persoas, e na que Galicia tivo un papel destacado posto que na inauguración participou o líder do partido, Alberto Núñez Feijóo, en calidade de coordinador do conclave; e, na clausura, o presidente nacional de Nuevas Generaciones e ex presidente de NNXX, Diego Gago.

Tamén interviron Ana Pastor, Marta González e os candidatos á alcaldía das catro capitais de provincia. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta