Comezo a mañá de hoxe primeiro de xaneiro, como millóns de persoas, vendo pola televisión o Concerto de Aninovo da Filarmónica de Viena, unha das mellores orquestras do mundo, este ano dirixida polo director berlinés Christian Thielemann.
E todo iso no marco da magnífica Sala Dourada, o Musikverein - que tiven ocasión de coñecer hai anos - e gozando dunha retransmisión televisiva da ORF de alta calidade, refinados adornos florais, escenas de ballet en fermosas localizacións, coreografías e vestiarios, un bonito documental para o descanso, etc.
En definitiva un pracer escoitar a música de grandes mestres Strauss, Carl Michael Ziehrer e de Josef Hellmesberger, entre outros.
Que mellor maneira para empezar o ano novo!
Feliz 2019 !
Recibirá resposta