Informa nunha nota o Concello que “ o encontro de traballo transcurriu
dun xeito amable, no que o alcalde de Ourense logrou que o secretario xeral de
Infraestruturas avanzase o compromiso de rematar o proxecto construtivo; para poder licitar este primeiro
tramo da Variante Norte durante o presente ano 2019. De feito, Jesús Vázquez
puxo sobre a mesa a necesidade de desbloquear unha infraestrutura clave para o
desenvolvemento económico e termal da cidade, e que está pendiente desde hai
máis de 20 anos”.
Sinalan que “durante a reunión institucional, o rexedor ourensán
enfatizou a importancia de licitar o primeiro tramo deste proxecto estratéxico
da cidade “porque nos permitirá desenvolver a área termal da zona e a creación
de postos de traballo vinculados á mesma, algo que é fundamental para o futuro
de Ourense: porque suporá a vertebración da cidade e a creación do Bulevar
Termal, clave para poñer en valor as marxes do río Miño e a nosa riqueza
termal”.
Conclue a nota afirmando que “a reunión foi froito da insistencia do rexedor ourensán, que
desde finais de setembro remitiulle tres cartas ao Ministerio de Fomento para
solicitar unha reunión á maior brevidade co ministro, José Luis Ábalos, co
gallo de tratar sobre a parálise da construción deste tramo”
Recordo que o pasado 27 de setembro de 2018 na Comisión de Fomento formulei unha
pregunta ao secretario de general de Infraestruturas José Javier Izquierdo
Roncero sobre este tema e dicíalle: “En primeiro lugar, céntrome na
variante de Ourense Eirasvedras
Quintela, un dos tramos da autovía Ourense Lugo, pero que é o tramo urbano e o
que ten máis volume de tráfico. Neste expediente o 7 de febreiro o secretario
de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda asinou a resolución pola que
se aprobaba o expediente de información pública e o documento técnico de
adecuación do proxecto de construción. O 7 de maio o ministro anterior, nun
acto público en Ourense, sobre a base dos informes que me consta que obraban na
Dirección Xeral de Estradas, manifestou de modo tallante que o proxecto de
construción sería finalizado no mes de xuño e que, a partir de aí, entrábase na
fase de supervisión do mesmo e sería unha das prioridades de licitación en
2018. Ao mesmo tempo, dicía que ían seguir traballando na redacción do proxecto
do tramo entre Quintela e A Casilla. Póñolle de manifesto que os orzamentos de
2018 contemplan para o tramo Eirasvedras
Quintela unha partida de 2,5 millóns de euros. Pídolle que anuncien xa a
aprobación do proxecto de construción deste tramo e, previo á súa supervisión,
acorden a súa licitación antes de que conclúa 2018.”
E o alto cargo de Fomento contestábame: “ Mire, teño algunha información
que me trasladan agora directamente desde o meu gabinete. No tramo Eirasvedras-Quintela, en relación co
proxecto, vai realizar unha auditoría de seguridade viaria e a continuación
aprobaremos o proxecto técnico, ou sexa, está pendente de culminarse esa
auditoría de seguridade viaria.”
Ante este sorpresiva resposta aludindo a un trámite -nunca antes anunciado-
procedería que sin dilación o Ministerio de Fomento acelerará a tramitación e rematara esa auditoría e logo á conclusión do proxecto de construcción.
Máis a 31 de decembro non consta que tal cousa sucederá – pese a que estamos falando de auditar unha estrada de 1,7 km de lonxitude - e polo tanto quedou adiada en 2018 esta actuación de vital importancia para a cidade de Ourense- por falta de capacidade de xestión da Dirección General de Carreteras, e debo pensar tamén na falta de vontade política dos novos responsables ministeriais.
Agardo que o compromiso expresado hoxe por Izquierdo Roncero, diante do alcalde, se materialice no primeiro semestre deste ano.
Recibirá resposta