viernes, 4 de enero de 2019

Galicia e Ourense, pechan 2018 con menos afiliados á Seguridade Social que en 2017

Nunha entrada de onte reflectía os datos da afiliación media á Seguridade Social correspondentes ao mes de decembro de 2018 do conxunto do Estado.

 Agora concreto os referidos a:

Galicia:


O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado decembro en 1.006.107 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 3.764 persoas afiliadas menos respecto ao mes anterior (- 0,37 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta Comunidade un incremento de 20.659 ocupados (2,10 %). Estos datos permiten a Galicia encadear sete meses consecutivos superando o millón de afiliados. Trátase do mellor dato nun mes de decembro desde o ano 2009, a última vez que se superara esta barreira.

A afiliación ao Réxime Xeral terminou 2018 con 773.423 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 211.287 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 21.398 afiliados medios.

Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado decembro en 101.993 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 448 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (- 0,44 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un desceno de 25 ocupados, (-0,02 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou 2018 con 77.874 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 24.119 afiliados medios.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta