Onte o Consello de Ministros, autorizou ao Ministerio de Fomento a licitar, a través de Adif, as obras de adaptación das instalacións de seguridade afectadas pola electrificación da liña ferroviaria Guillarei-Tui, así como o seu mantemento.
O orzamento de licitación é de 18.150.577,81 euros (IVE incluído), dos que 17.776.511,83 euros corresponden á execución da obra e 374.065,98 euros ao mantemento das instalacións. Os traballos acometeranse nas instalacións de sinalización e comunicacións afectadas pola electrificación do tramo Guillarei-Tui, tanto neste segmento como nos tramos lindeiros.
Os traballos cuxa licitación autorizou hoxe o Consello de Ministros súmanse ás obras de electrificación do tramo Guillarei-Tui, recentemente licitadas por Adif, por importe de 2,34 millóns de euros (IVE incluído).
Ambas as actuacións permitirán completar a electrificación da rede ferroviaria galega ata a fronteira con Portugal. A electrificación do mencionado tramo, de 5 km de lonxitude aproximadamente, enmárcase dentro dos acordos bilaterais entre España e Portugal para a mellora dos servizos ferroviarios transfronteirizos.
Recibirá resposta