As 10,30 horas desta mañá comparecimos na sede provincial do Partido Popular
de Ourense, os parlamentarios en Cortes desta formación política en Madrid: Miguel
Ángel Viso, Celso Delgado e Ana Belén Vázquez, xunto a Carmen Leyte, Francisco
Fernández, Avelino García e Juan Manuel Jiménez polo Senado.
Tivo por obxecto
facer unha valoración dos tratamento que Galicia e Ourense recibían no proxecto
de ley de PGE para 2019. Ao remate difundimos unha nota de prensa que transcribo:
“Agravio, engano e discriminación de Ourense
fronte á priorización de investimentos cara outros territorios como Cataluña,
para pagar a peaxe do apoio independentista ao goberno socialista. Así
valoraron hoxe os representantes populares ourensáns no Congreso e no Senado o
proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2019, documento contra o que
anunciaron unha contundente iniciativa política para corrixir os enomes
desequilibios que xeraría na provincia a súa aplicación, dun xeito moi especial
en estradas.
Rexeitaron unhas contas que prexudican a
Galicia no seu conxunto e a Ourense en particular para primar os únicos
intereses partidistas do goberno de Pedro Sánchez.
Celso Delgado amosou a súa total decepción
cos estes orzamentos, que pasan de 414 millóns no pasado ano a 295 millóns de
euros. Mentres que no AVE séguese a previsión de ADIF Alta Velocidade, “en
materia de estradas a sorpresa foi maiscúla e non é de recibo o que está a
pasar”, dixo o deputado concretando a súa análise en Ourense.
“Como é posible que a circunvalanción norte
de Ourense (Eirasvedras-Quintela) de 1,7 quilómetros, cunha partida en 2018 de
2,5 millóns de euros e que tiña que estar licitada o pasado ano reciba agora
cero euros”, preguntouse Delgado, para quen se estivo a xogar cos intereses de
Ourense ao falar en setembro dunha auditoría de seguridade vial, “da que nunca
se dixo nada”, e hai escasos días prometendo ao alcalde Jesús Vázquez que este
proxecto seguiría os seus pasos en 2019. Este investimento, apuntou o deputado,
“é o máis necesario para o desenvolvemento económico desta cidade, xa que se
queremos facer o bulevar termal precisamos executar este tramo para deixar
libre a N-120”.
Celso Delgado denunciou a falta de
compromiso coa autovía A-76 entre Ourense e Ponferrada. “Se no 2018 os
orzamentos do Estado contemplaban 4,8 millóns de euros para as actuacións nas
provincias polas que discorre, agora só figuran 821.770 euros”. Aludiu especialmente
ao tramo máis avanzado (A Veiga de Cascallá-O Barco de Valdeorras), “que
estando en 2019 en condicións de licitar as obras recibe unha ridícula
consignación de 100.000 euros, cando no pasado ano tiña unha partida de 3
millóns”.
Aludiu tamén o deputado á pobre consignación
da circunvalación do Barco, cuxas obras se adxudicarán a mediados deste ano “e
que reciben tan só 2 millóns de euros, menos que no ano anterior cando recibiu
3 millóns”.
Polo que se refire a autovía A-56
(Ourense-Lugo) compre sinalar ademais a falta de compromiso con outros tramos
como Quintela-A Casilla, A Casilla-San Martiño, ao tempo que se agarda que na
primavera de 2019 rematen as obras entre San Martiño e A Barrela.
Delgado aínda botou un falta a consignación
por parte de ADIF de partidas para executar a ampliación do paso inferior de
Ramón Puga e do paso superor de Tarascón, “actuacións moi importantes para os
veciños de Ourense e que teñen os proxectos redactados e as expropiacións
feitas”.
“Sentímonos profundamente decepcionados e se
en Galicia os investimentos en estradas baixan un 24 % o desta provincia clama
ao ceo”, concluíu.
PREZO ECONÓMICO E POLÍTICO QUE PAGARÁN OS
CIDADÁNS
En clave política, o deputado Miguel Ángel
Viso acusou a Pedro Sánchez de mentir desde o principio e deseñar uns
orzamentos para “pagar a débeda política e económica cos independentistas”. O
PSOE, dixo, “fala dun xiro social que en realidade é un prezo político que imos
pagar con máis impostos que van dirtamente á liña de flotación da economía dos
cidadáns”.
As medidas que incorpora este proxecto
económico, engadiu Viso, “só conseguirán desacelerar a nosa economía”, cunha
especial referencia á agricultura, “que é un dos nosos potenciais e para o que
só vemos un incremento de investimentos do 0,2 % e cun ministro que está
desaparecido”.
POLÍTICAS DE MÁIS GASTO, DÉFICIT E IMPOSTOS
A senadora Carmen Leyte, entre tanto, avisou
que xa na Cámara Alta o PP exerceu a súa responsabilidade votando en contra do
teito de gasto “porque non se correspondía coa realidade do noso país,
6.000 millóns de euros adicionais que nos devolven a políticas de máis gasto,
máis déficit e máis impostos, unha receita xa usada por Rodríguez Zapatero e xa
sabemos a onde nos levou.”
Recibirá resposta