jueves, 24 de enero de 2019

No faladoiro de Voces de Galicia de Radio Voz


Participo esta mañá na tertulia do programa Voces de Galicia de Radio Voz que nesta ocasión moderou Eva Millán e na que estivo Carme Adán.


Falamos en primeiro lugar da aprobación onte no Parlamento de Galicia dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno do Estado a convocatoria da Comisión Mixta de Transferencias co obxecto de levar adiante todos aquelas xa reclamadas, así como aquelas novas que o Goberno galego considere conveniente, contemplando todas as que xa foron transferidas ou que se estean negociando con outras comunidades autónomas.

Dixen que celebraba este acordo unánime de recobrar a axenda de traspasos pendentes e de que se valoren as competencias que se poden transferir a Galicia.

Dixen que ante o anuncio feito público polo Goberno central de abrir o proceso para transferir 33 novas competencias ao País Vasco ao longo deste ano a cambio do apoio dos deputados vascos aos orzamentos, ante o que subliñou que Galicia como nacionalidade histórica ten os mesmos dereitos que o País Vasco ou Cataluña, polo que demandamos que se negocie en igualdade de condicións no marco do respecto á Constitución, e ao Estauto de Autonomía, con lealdade

Dixen que no propio programa electoral co que o PPdeG se presentou as eleccións do 25-S estaba a pretensión de recuperar a axenda de traspasos pendientes como á de Autoestrada do Atlántico, a  inspección de traballo, as competencias en ordenación do litoral o inspección e vixilancia pesqueira, entre outras. E establecer, ademáis, o compromiso de replantexar a negociación da transferencia das competencias en materia de tráfico.

Falamos logo do conflicto do taxi-VTC, que afecta aos consumidores e que está creando serios problemas en Madrid e Barcelona.

Dixen que estamos ante un problema complexo agravado polo goberno socialista, no mes de setembro, cando aprobou un decreto-lei que traspasaba o problema as Comunidades Autónomas en lugar de resolvelo onde se xerou.
Un decreto que  xera inseguridade xurídica sobre a responsabilidade das eventuais compensacións aos titulares das licenzas VTC.

Desde o meu punto de vista, dixen, e preciso abordar de raíz a problemática que impide cumprir a ratio de consenso 1/30, 1 licenza VTC por 30 de taxi.

Salienté que onte Consellería de Infraestruturas e Mobilidade trasladou aos profesionais do taxi o compromiso da Xunta para facer todo o que permitan as competencias da Administración autonómica para favorecer unha competencia xusta e leal entre o sector do taxi e o das VTC.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta