Onte 1 de xaneiro entrou en vigor no concello de Ourense, unha nova rebaixa do
recibo do IBI, do 10%, que sumado ao 10% do ano anterior supoñerá un 20% menos
para o contribuínte.
No
BOP do 31 de decembro publícase o
Edicto de Aprobación definitiva da modificación da Ordenanza fiscal reguladora
do imposto sobre bens inmobles para o ano 2019.
Mediante Decreto de Alcaldía do 27 de
decembro de 2018 elevouse a definitivo o acordo de aprobación provisional
adoptado polo Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria do 24 de outubro
de 2018, de modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens
inmobles para o ano 2019.
A modificación da ordenanza producirá
efectos desde o 1 de xaneiro de 2019 e permanecerá en vigor ata a súa
modificación ou derrogación expresa.
https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=298&fecha=20181231
https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=298&fecha=20181231
Unha decisión positiva para os ourensáns propietarios de bens inmobles - que aforarán cartos - e que é consecuencia do acordo alcanzado en agosto
de 2017 polo Partido Popular con Democracia Ourensá.
Con cooperación e acordos, saímos gañando todos.