Decidín empregar o día de onte a visitar as
obras da liña de alta velocidade a
Galicia no tramo que vá desde Zamora ata Pedralba de la Pradería.
Galicia no tramo que vá desde Zamora ata Pedralba de la Pradería.
Despraceime no meu coche nun día moi frío aínda que a medida que foron pasando as horas, o sol fixo acto de presenza.
Dou conta agora – co apoio destas fotografías que
fixen - do que ví nesta viaxe que comezou en Otero de Sanabría, logo en Pedralba de la Pradería e finalmente en Zamora.
ESTACIÓN DE OTERO DE SANABRIA
Nunha entrada deste
Blog do pasado 12 de marzo de 2018 daba conta de que Adif Alta Velocidade
aprobara a adxudicación do contrato de obras do proxecto de construción da
estación de alta velocidade de Sanabria (Zamora), inscrita no tramo Cernadilla-Pedralba
de la Pradería do Corredor Norte-Noroeste de alta velocidade ferroviaria.
O contrato, cuxo
importe ascende a 4.009.940 euros (IVE incluído), foi adxudicado á UTE
COPISA-EASA, tiña un prazo de execución
de 9 meses.
Informaba naquel
momento Adif -AV que as obras do tramo Zamora-Pedralba de la Pradería, da LAV
Madrid-Galicia, concluirían, como se comprometeu, a finais de 2018, data na que
comezará a fase de probas.
E tamén dicían que as
obras de construción da estación de alta velocidade de Sanabria non afectaban a
estes prazos, xa que a liña pódese poñer en servizo mentres se continúa
traballando para finalizar as obras da estación.
A citada estación
constrúese na localidade de Otero de Sanabria , no termo municipal de Palacios
de Sanabria, e o acceso realizarase a través dun novo viario de conexión coa
estrada nacional N-525, que á súa vez enlaza coa autovía das Rías Baixas
(A-52).
O proxecto – informaba ADIF
AV - comprende a execución das seguintes actuacións:
- A construción dun
novo tramo de 160 m de lonxitude que conecte o viario de acceso ao PAET (Posto
de Adiantamento e Estacionamento de Trens) coa urbanización da estación.
- O novo edificio de
viaxeiros.
- A urbanización da
estación: praza de acceso e áreas peonís.
- Aparcadoiro en
superficie.
- Pasarela de conexión
entre plataformas, escaleiras e rampla.
- Plataformas (soleira,
pavimentos e pezas de bordo).
- Revexetación de
taludes e restauración do ámbito de actuación.
- Marquesiñas e
mobiliario de plataformas.
Pois ben na visita de
onte puiden ver un bo número de operarios e máquinas que estaban a
traballar na construción da pasarela de conexión entre as plataformas e tamén que
está en execución a cuberta do novo edificio de viaxeiros, e outras instalacións.
O viario de conexión
coa N-525 está prácticamente rematado, aínda que non
está aberto á circulación.
En definitiva unhas
obras sen rematar na plataforma e na electrificación pero en todo caso moi avanzadas.
CAMBIADOR DE ANCHOS DE LOBEZNOS (PEDRALBA DE LA PRADERÍA)
Nunha entrada deste
Blog do pasado 1 de abril de 2017 daba conta de que Adif Alta Velocidade adxudicara
a construcción do cambiador o 29 de marzo dese ano á empresa AZVI por 5.195.991
euros (IVE incluído) e cun prazo de execución de 13 meses.
Un cambiador que permitirá conectar a vía
única sen electrificar de ancho convencional Zamora-A Coruña, á altura do punto
quilométrico 112, co novo tramo de alta velocidade en construción
Zamora-Lubián, nunha zona de intersección de ambos os trazados próxima a Lobeznos
- Pedralba.
Unha instalación que posibilitará o uso do
111 km de trazado de alta velocidade entre Zamora e Pedralba de la Pradería,
mentres finaliza a construción do tramo Pedralba-Ourense (118 km
aproximadamente).
O
obxectivo do cambiador de anchos dual de Lobeznos é a mellora no aproveitamento
da explotación conxunta da rede de Alta Velocidade e a rede de ancho
convencional, o que redundará en aforros nos tempos de viaxe e na mellora da
xestión dos activos ferroviarios.
Así,
actúase nunha lonxitude total de 1.083 m, dos que 580 aproximadamente
son en
ancho estándar ou internacional (1.435 mm), outros 420 m en ancho convencional
ou ibérico e os 83 m restantes corresponden a unha vía mango de seguridade en
ancho convencional, situada antes da conexión coa vía convencional Zamora-A
Coruña.
As instalacións do cambiador de anchos constan dun foso de dimensións interiores de 16 m de lonxitude e 7,4 m de anchura, no que se situará un cambiador de anchos dual, no interior dunha nave. A instalación complétase con fosos de observación, que permiten o control dos eixos dos trens, previamente ao proceso de cambio de anchos.
Pois ben na visita de
onte, despois de visitar a vella estación de Pedralba de la Pradería puíden ver o cambiador de Lobeznos terminado, áinda que acredito que siguen as obras
no enlace coa vía convencional.
TRAXECTO ENTRE ZAMORA E
PEDRALBA DE LA PRADERÍA
Finalizada a visita a
Lobeznos, viaxei en coche ata Zamora, deténdome en varios puntos polos
que transcorre a nova liña ferroviaria e constato que a plataforma e a
superestrutura está prácticamente
finalizada.
Vías na estación de Zamora |
Sinalar
que na estación de Zamora, Adif Alta Velocidade está levando a cabo entre a
noite do día 2 e a mañá do 5 de xaneiro, os traballos necesarios para
enlazar e dar continuidade ao tramo Olmedo-Zamora (en servizo) co novo tramo
Zamora- Pedralba.
Finalizo dicindo, que estas impresións que traslado non son as dun técnico, e que espero que en poucas semanas finalicen aquelas obras pendentes para que poidan comezar as circulacións en probas.
Finalizo dicindo, que estas impresións que traslado non son as dun técnico, e que espero que en poucas semanas finalicen aquelas obras pendentes para que poidan comezar as circulacións en probas.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta