Salientar que onte o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, xunto
coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, e o alcalde, Jesús
Vázquez, supervisaron as obras de mellora na Avenida Otero Pedrayo, que estarán
rematadas a finais do vindeiro mes de marzo, tras o investimento de 2,2 millóns
de euros.
Francisco Menéndez
destacou que é unha obra de reforzo da seguridade viaria e integración na trama
urbana, ambiciosa e completa, coa que o Goberno galego lle dá resposta ás
necesidades dos veciños.
A Xunta actuou nos
2 primeiros km desta estrada, que conta con tráfico intenso ao atravesar o
campus e ser, ademais, unha das vías de entrada á cidade e os traballos xa se
atopan ao 80% da súa execución total.
O director da AXI
explicou que as dúas glorietas, no acceso ao barrio da Rabaza e ao campus
norte, están practicamente rematadas e xa funcionan como tal. Engadiu que a
mellora da rede de abastecemento, saneamento e drenaxe tamén está finalizada.
Concretou que xa
están executadas as novas beirarrúas e un tramo de senda peonil, así como a
iluminación coa colocación de luminarias LED para maior eficiencia enerxética,
e os semáforos con pulsador para favorecer o paso dos peóns.
Nestes
momentos, están a executarse os traballos de xardinería e acondicionamento do
interior das novas glorietas, nas que se colocarán fontes con iluminación
decorativa, para reforzar o vínculo de Ourense coa auga, símbolo xa da cidade.
Deste xeito, queda pendente o aglomerado e o pintado da estrada, para o que
cómpren boas condicións meteorolóxicas.
Finalmente salientar que o Executivo
autonómico segue traballando para mudar por completo a imaxe desta zona de
Ourense cunha actuación integral que fará a cidade e máis humana e segura. A
ese obxectivo tamén contribúen outras actuacións xa en marcha na rúa Seixalbo,
e ás que se sumarán tamén obras nas rúas Marcelo Macías, Progreso, Arnoia,
Concordia ou a 2ª fase de Ponte Vella.
Recibirá resposta