Asisto esta mañá na sede provincial do PP á II edición da Escola de Formación Rorberto Padilla, coa colaboración de Noxas Xeracións de Ourense.
O politólogo Pablo Simón disertou dun modo moi didáctico sobre “A consolidación do multipartidismo en España ante as eleccións do 28 de abril”,e logo respostou a varias preguntas.
Simón é politólogo de vocación e formación. Doutor en Ciencias Políticas pola Universitat Pompeu Fabra, foi investigador postdoctoral na Universidade Libre de Bruxelas.
A súa principal área de especialización son os sistemas electorais, tanto nas súas causas como as súas consecuencias, pero tamén está interesado nos sistemas de partidos, política comparada, a participación política dos mozos e dinámicas de competición electoral. Actualmente é profesor visitante na Universidade Carlos III de Madrid, onde combina o seu traballo con actividades divulgativas fose da academia.

É autor do libro “O príncipe moderno” no que aborda algúns dos aspectos que compoñen boa parte dos debates e as cuestións públicas que ocupan a actualidade do noso país.
A crise dos partidos, a brecha de representación, o comportamento electoral, o uso do referendo, a crise da socialdemocracia e os modelos de benestar , etc.
A crise dos partidos, a brecha de representación, o comportamento electoral, o uso do referendo, a crise da socialdemocracia e os modelos de benestar , etc.
Neste acto estivo presente o alcalde Jesús Vázquez, o secretario de organización do PP, Pablo Pérez, o presidente da xunta local de Novas Xeracións, Serxio María Rodríguez e o provincial Manuel Parente.
Parabéns pola organización a Noxas Xeracións de Ourense.
Parabéns pola organización a Noxas Xeracións de Ourense.