Ao acto de apertura asistiron o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, o presidente a Xunta Alberto Núñez Feijóo e o alcalde de Santiago Martiño Noriega entre outras autoridades.
A nova ligazón, no km 70 da AP-9, permitirá mellorar non só a
accesibilidade cara ao centro de Compostela (Fontiñas, Sar), senón que tamén
aliviará a conxestión existente en horas punta no nó de Santiago Norte (km 67).
Con esta ligazón, Santiago de Compostela dispón dunha nova e
importante conexión viaria coa complexo Cidade da Cultura e o seu centro
histórico a través do periférico da cidade ( SC-20), o que supón estar mellor
preparada no seu camiño cara ao xa próximo Ano Santo 2021.
Estas obras deron os seus primeiros pasos con decisións tomadas
pola ministra de Fomento Ana Pastor son froito do convenio subscrito en
setembro de 2016 entre a Administración Xeral do Estado (sendo ministro de
Fomento en funcións, Rafael Catalá) a
Xunta de Galicia (Axencia Galega de Infraestruturas), a Fundación Cidade da
Cultura de Galicia e Autoestradas do Atlántico, para a construción desta nova
ligazón que foi aprobado polo Real Decreto 343/2016 do 23 de setembro (BOE do
26 de setembro de 2016).
As obras foron licitadas en xullo de 2017 e o 18 de abril de
2018 o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, puxo a primeira pedra e agora na etapa de José Luis Ábalos son inauguradas.
De acordo con este convenio, as obras foron executadas polo
Ministerio de Fomento, o proxecto foi redactado pola Axencia Galega de
Infraestruturas ( AXI) e as expropiacións foron realizadas pola Xunta de
Galicia, achegando a Fundación Cidade da Cultura terreos da súa titularidade.
Finalmente a concesionaria Audasa encargarase da conservación e explotación
desta ligazón.
Características Técnicas.
Construíronse os catro ramais de entradas e saídas da ligazón
cos seus correspondentes carrís de aceleración e deceleración. Executáronse tres novas
glorietas, unha delas na marxe Este e dous máis na marxe Oeste da AP-9. As
novas glorietas e ramais permitirán todos os movementos entre a AP-9 e a Cidade
da Cultura e Santiago Centro, ao conectarse co viario local dos barrios de
Fontiñas e Sar, constituíndo unha nova entrada cara ao centro da cidade de
Santiago de Compostela ao conectarse co periférico de Santiago SC-20.
A nova ligazón no km 70 da AP-9, foi coordinada coas obras de
ampliación de capacidade da AP-9, recentemente executadas.
Para a execución das obras deberon realizarse as seguintes
actuacións: reposición de servizos afectados, obras de terras, drenaxes
lonxitudinais e transversais, afirmados, sinalización horizontal e vertical,
balizamento e defensas, cerramentos e reposicións de viarias existentes
Foi preciso realizar distintas fases de desvíos de tráfico
minimizando sempre a afección á circulación.
A zona afectada foi tratada
medioambientalmente, revexetando
os noiros e as zonas onde se actuou, e repúxose os distintos elementos de
iluminación e mobiliario urbano.
INTERVENCIÓN DO PRESIDENTE FEIJÓO
Durante a posta en servizo deste enlace o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que o Goberno galego seguirá traballando para, entre todos, defender os intereses de Galicia e que se cumpra coas infraestruturas clave para a Comunidade, entre as que destacou: a transferencia da AP-9, o Enlace do Orbital de Santiago, comprometido nos orzamentos de 2018 e a axilización dos prazos de finalización dos treitos pendentes da Autovía Lugo-Santiago.
Incidiu, deste xeito, na importancia de proseguir coas grandes obras do país, con independencia dos sobresaltos políticos que leva vivindo España de forma ininterrompida desde 2016. Así, referiuse, nun primeiro termo, á transferencia da Autoestrada do Atlántico; “unha demanda na que estamos de acordo todos os grupos da Cámara galega”, recordou.
Incidiu, deste xeito, na importancia de proseguir coas grandes obras do país, con independencia dos sobresaltos políticos que leva vivindo España de forma ininterrompida desde 2016. Así, referiuse, nun primeiro termo, á transferencia da Autoestrada do Atlántico; “unha demanda na que estamos de acordo todos os grupos da Cámara galega”, recordou.
Así
mesmo, insistiu en que o Executivo galego seguirá traballando co Goberno de
España que saia das urnas para poñer proporcionalidade nas peaxes, “porque os
galegos non podemos financiar os 1.400 millóns de euros que supón o convenio
asinado polo Ministerio de Fomento con Audasa, para financiar as obras e os
gastos de conservación e financeiros que supuxo facer a ampliación da Ponte de
Rande e a circunvalación”, abundou, ao tempo que reiterou tamén a necesidade de
bonificacións do 25% en cada viaxe, sempre que sexa de ida e volta no mesmo
día.
“Os
intereses de Galicia son permanentes, con independencia do período no que os
galegos poidamos elixir ao Goberno de España”, sinalou, reiterando a
importancia de levar a cabo o enlace orbital e a A-54, con vistas á celebración
do Xacobeo 2021.
O
presidente do Goberno galego concluíu a súa intervención subliñando esta obra
como un exemplo máis de colaboración entre administracións e fundamental para a
vertebración da Autoestrada do Atlántico e da cidade de Santiago; “e para que a
Cidade da Cultura sexa realmente a Cidade da Cultura de Galicia”.
Parabéns a todos os responsables políticos que impulsaron estas obras, que como dixo o Delegado do Goberno, Javier Losada "son exemplo de normalidade democrática e lealdade institucional"
Parabéns a todos os responsables políticos que impulsaron estas obras, que como dixo o Delegado do Goberno, Javier Losada "son exemplo de normalidade democrática e lealdade institucional"
Recibirá resposta