Informa
hoxe Adif que aprobou a licitación
do contrato de mantemento das instalacións de protección civil e seguridade nos
túneles dos tramos A Coruña-Vigo (Eixo Atlántico) e Ourense-Santiago.
O
investimento total do contrato de licitación alcanza os 3.593.061,12 euros (IVE
incluído) e conta cun prazo de execución de 24 meses.
O
obxecto do contrato é o mantemento, en perfecto estado de conservación e
funcionalidade, das instalacións de protección civil e seguridade nos túneles,
así como o establecemento das condicións técnicas e funcionais para a
realización dos traballos relativos ao mantemento dos elementos que compoñen as
instalacións, as condicións técnicas e os procedementos para o establecemento
do plan de mantemento.
As
instalacións obxecto de mantemento son as seguintes:
-
Sinalización e balizamento de emerxencia.
-
Corredores e pasamanos.
-
Iluminación de emerxencia en túneles e galerías.
-
Sistemas de ventilación en túneles e
presurización en galerías de emerxencia.
-
Instalacións de protección contra incendios.
-
Sistema de radiocomunicacións de emerxencia.
-
Comunicacións por fibra óptica dos equipos de protección e seguridade.
-
Edificios e casetas técnicas.
-
Instalacións de subministración de enerxía.
-
Sistema de vídeo-vixilancia, control de accesos e anti- intrusión na contorna dos túneles.
O
tramo A Coruña-Vigo conta con 37 túneles, que suman unha lonxitude global de
59,2 km, un 38% do percorrido total.
Pola súa banda, o Eixo Ourense-Santiago conta con 30 túneles que suman unha lonxitude de 28,5 km, o que representa o 34,8% do total da liña.
Recibirá resposta
Pola súa banda, o Eixo Ourense-Santiago conta con 30 túneles que suman unha lonxitude de 28,5 km, o que representa o 34,8% do total da liña.
Recibirá resposta