Asisto esta mañá á presentación do Corredor Atlántico na sede do Minsiterio de Fomento,Nun acto presidido polo ministro de Fomento, José Luis Ábalos e no que interveu tamén o secretario xeral de Infraestruturas, Javier Izquierdo, e a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera.
Ábalos destacou que cando todas as actuacións estean en servizo, tanto para viaxeiros como para mercadorías, o investimento executado no corredor superará o 41 mil millóns de euros. O ministro engadiu que as actuacións pendentes de executarse ascenden a 16.872 millóns de euros.
É por iso que, para o ministro, trátase dun auténtico proxecto de Estado xa que beneficia a Galicia, Asturias, Castela e León, Estremadura, Andalucía, País Vasco, Castela – A Mancha, Madrid e Cantabria. Ábalos insistiu en que as infraestruturas e o transporte teñen un papel na política do Goberno e na construción de país.
O ministro destacou que tanto o Corredor Atlántico como o Mediterráneo, presentado hai meses, responden xuntos a unha idea de país ao servizo de viaxeiros e mercadorías e que non supoñen realidades independentes.
Nese sentido, lembrou que o Goberno de España
presidido por Mariano Rajoy aceptou a solicitude de Galicia, Asturias e Castela
e León de incorporar o Noroeste peninsular ao Corredor Atlántico e a trasladou
á Unión Europea, que a aceptou.
Recibirá resposta
Neste acto estivo representada á Xunta de Galicia pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, que finalizada a presentación, efectuou mnifestacións expresando que "solicitará aclaracións ao Ministerio de Fomento sobre
o plan de investimentos no Corredor Atlántico de Mercadorías, no que se
detectan “lagoas” e a inclusión de obras que xa están executadas."
Dixo que agarda que o Ministerio de Fomento remita
este documento completo para poder realizar as achegas precisas, xa que nin foi
consensuado nin coñecido ata o día de hoxe.
Avanzou que o Goberno galego demandará á Administración
central do Estado diálogo coas comunidades autónomas implicadas en relación
coas actuacións necesarias para reforzar a competitividade do ferrocarril de
mercadorías do Noroeste peninsular.
A conselleira lembrou que os Gobernos autonómicos de Galicia, Asturias e
Castela e León lle trasladaron ao Ministerio un estudo conxunto de deficiencias
e necesidades da rede ferroviaria para que o tivera en conta na súa
planificación. Este documento detalla as actuacións necesarias para a mellora
da rede ferroviaria de mercadorías co fin de acadar un verdadeiro Corredor
Atlántico do Noroeste que forme parte dos corredores europeos dun xeito
competitivo.
Destacou que as comunidades abordaron recentemente en Santiago, con máis
de 200 representantes sindicais, empresariais e institucionais, a necesidade de
programar actuacións de mellora na rede ferroviaria, aproveitándose dos novos
fondos europeos aos que España tería acceso.
Tamén sinalou a necesidade de consensuar as actuacións para
solicitar o financiamento europeo que pode garantir que a rede ferroviaria do
Noroeste sexa realmente moderna, fiable e competitiva.
Recibirá resposta