O Pleno do Congreso aprobou esta mañá as emendas de totalidade ao proxecto de Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para 2019, que serán devoltos ao Goberno, co que se manteñen prorrogadas as contas públicas do Estado do ano anterior.
En concreto, os orzamentos foron rexeitados por 191 votos, fronte aos 158 que votaron a favor de que o proxecto continúe coa súa tramitación, e a abstención de un deputado. Os votos do Grupo Parlamentario Popular, o maioritario da Cámara, foron decisivos para acadar este resultado.
A Cámara aprobou así as emendas de devolución presentadas polos grupos Popular, Cidadáns e de Esquerra Republicana de Catalunya e, dentro do Grupo Mixto, do Partit Demòcrata Català, Coalición Canaria e Foro Asturias. As peticións de devolver o texto ao Goberno superaron a maioría simple necesaria, máis votos a favor que en contra.
Os deputados galegos do Partido Popular actuamos de forma coherente no Congreso ao votar en contra dos orzamentos xerais do Estado porque eran malos para a economía española e galega, que está a vivir unha fase de crecemento e transformación; e tamén son malos no ámbito territorial, porque trataban dunha forma inxusta a Galicia.

Os orzamentos do Estado rexeitados terían sido malos para Galicia, que leva
encadeando varios exercicios de crecemento do PIB por enriba de España e cunha
economía baseada nas exportacións, a segunda mellor con saldo comercial.
Supoñían un descenso de 165 millóns de euros respecto a 2018, e
nos que Galicia pasaba de representar o 10 por cento a pouco máis do 6 por
cento. Do mesmo xeito, rexistraban unha
caída do 26 por cento do investimento territorializado para Galicia, pese a
incrementarse un 26 por cento a nivel global e incluso un 57 por cento en
Cataluña.