jueves, 14 de febrero de 2019

Pablo Casado visitou a cidade de Ourense


Hoxe o presidente nacional do Partido Popular, Pablo Casado, visitou Ourense para arroupar ao candidato á alcaldía da capital, Jesús Vázquez, ademais de recoñer o gran traballo que, elección tras elección, está a realizar a formación popular en toda a provincia e como referente a nivel estatal.

Na súa estadía en Ourense, Pablo Casado estivo acompañado polo presidente provincial, Manuel Baltar, o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, a vicesecretaria Marta González, e o presidente do Parlamento de Galicia Miguel Santalices, entre outros.

A primeira cita de Casado na capital estivo na sede de Aixiña, onde tivo a oportunidade de coñecer o labor que desenvolve o centro de día, saúdando a usuarios e traballadores, así como os talleres e os locais que distintas asociacións teñen no centro.

https://www.xn--aixia-rta.es/


Con posterioridade e no decurso dun xantar, celebrado nun céntrico restaurante, mantivo un encontro con afiliados e simpatizantes principalmente da cidade de Ourense, no que tamén participaron cargos do partido e representantes da formación popular nas institucións, como no Parlamento de Galicia, o Congreso dos Deputados e o Senado.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es


Recibirá resposta