jueves, 28 de febrero de 2019

Os Gobernos do PP en Madrid teñen sido, con diferenza, os que máis esforzo investidor fixeron en Galicia

Saliento que onte a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, no Parlamento de Galicia expuso o esforzo inversor do anterior Executivo do Estado en Galicia fronte aos peores orzamentos xerais para a Comunidade Autónoma desde hai 17 anos que propoñía o Goberno actual.

Na súa intervención de resposta á pregunta do grupo socialista de Galicia, sobre a valoración do Goberno galego das execucións orzamentarias do Estado en Galicia entre os anos 2015 e 2017, Vázquez Mourelle asegurou que os Gobernos do PP en Madrid teñen sido, con diferenza, os que máis esforzo investidor fixeron en Galicia, co valor engadido de facelo con todos os ventos en contra no peor momento económico posible.

Falou do traballo realizado polo anterior Executivo estatal, pese as limitacións da capacidade de licitación e de execución de calquera Administración que está en funcións, como ocorreu co anterior Goberno gran parte do ano 2016, e cunhas contas xerais que no ano 2017 se aprobaron a mediados de ano. E aquí responsabilizou dese bloqueo e dos problemas sobrevividos despois ao propio grupo do partido socialista.

Enumerou así as actuación froito do traballo do anterior Executivo estatal pese ás circunstancias excepcionais, como o Eixo Atlántico ferroviario, a finalización da autovía A-8, a próxima culminación do AVE a Galicia ou os avances nas estacións intermodais. Tamén se referiu a autovía Santiago-Lugo, con todos os treitos xa en servizo ou coas obras activadas, aínda que coas contas que presentaba parece que agora se trataba de ralentizar.

Puxo o acento e como os orzamentos definen a intención dos Gobernos para os próximos anos e por iso recollen anualidade futuras. Así, destacou, que os Orzamentos Xerais do Estado anteriores había perspectivas de futuro para moitas das infraestruturas estratéxicas para Galicia, mentres que cos orzamento do Executivo actual non as había.

Neste sentido referiuse á proposta fallada dos orzamentos do Estado do PSOE para Galicia, porque, xa de principio, non recollían as partidas necesarias para paliar o déficit en materia de infraestruturas, quedando claro ademais que Galicia non é prioritaria, como si o eran comunidades como Valencia ou Cataluña. Galicia, subliñou, perdía investimentos por valor de 165 millóns de euros, un 19% menos que o previsto en 2018.

Vázquez Mourelle referiuse así á proposta fallada dos orzamentos do Estado do PSOE para Galicia, porque, xa de principio, non recollían as partidas necesarias para paliar o déficit en materia de infraestruturas, quedando claro ademais que Galicia non é prioritaria, como o si o son comunidades como Valencia ou Cataluña. Galicia, subliñou, perdía investimentos por valor de 165 millóns de euros, un 19% menos que o previsto en 2018.

É incuestionable que actuacións que coas Contas do Goberno Rajoy estaban en axenda xa non o estaban, dixo, E isto –engadiu- xa non é só cuestión de cantidades, senón de vontade política de levalas a cabo ou non. E citou a ausencia de partidas nos decaídos Orzamentos  Xerais nas obras planificadas e agardadas na AP-9, a Variante de Taboadela; a Variante Norte de Ourense; e outras partidas insuficientes en infraestruturas como  a Variante de Ponteareas.

Amosouse así crítica coa defensa do grupo socialista galego coas contas xerais que se propoñían para o 2019 desde o actual Goberno de España, e dixo entender a confusión dos cidadáns coa valoración das mesmas que, tal e como destacou, situaban a Galicia nos vagóns de cola.  Uns Orzamento presentados polo Goberno actual, sinalou, que recollían unha baixada do investimento en Galicia do Ministerio de Fomento de case o 30% fronte á suba do 57% en Cataluña.

Afeou ao grupo parlamentario socialista o cambio de criterio sobre cal é mellor orzamento para Galicia. E dixo, mentres o 10% de investimento territorializado que viña destinando a Galicia o anterior Goberno do Estado era cualificado de insuficiente, no Bipartito vendían como gran logro conseguir o 8% do investimento para Galicia, e aplaudían agora con entusiasmo o 6,2%, o máis baixo en moitos anos do Goberno de España.

Ethel Vázquez avogou por predicar co exemplo, xa que execución orzamentaria que lle afeaban ao anterior Goberno do Estado está na media e incluso é bastante menor nos concellos vencellados ao grupo parlamentario do PSOE, como é o caso de Lugo ou Vigo.

Concretou que no ano 2017, a execución do Concello de Vigo non chegou ao 52% fronte ao 54,5% do Ministerio de Fomento, pese a que os Orzamentos Xerais do Estado se aprobaron a mediados de ano. Polo tanto, só houbo medio ano para executar e gastar o orzamentario, matizou. E no caso de Lugo, apuntou, sen datos no 2017 por negarse a render contas, aínda que a comparativa é bastante peor.

A conselleira tamén fixo a comparativa do ano 2016, no que o Concello de Lugo deixou sen executar case a metade do seu orzamento,  e o Concello de Vigo sen gastar 7 de cada 10 euros. E no ano 2015, Lugo executo, menos do 40%, mentres o Ministerio de Fomento foi quen de executar máis do 50% do presupostado.

Fronte a este datos, a titular do departamento de Infraestruturas lembrou que a Xunta trata de predicar co exemplo, e vén impulsando a licitación de obra pública, con case 158 M€ licitados en 2015, máis de 196 M€ en 2016, e case 230 M€ en 2017, anos de referencia da pregunta parlamentaria.

Finalmente defendeu que no Goberno galego nunca se deixou, nin deixará de traballar para impulsar que se cumpran os compromisos orzamentarios adquiridos polo Estado con Galicia.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es


Recibirá resposta