martes, 12 de marzo de 2019

A Comunidade Autónoma de Galicia é a segunda que mellor evolucionou en termos de converxencia con Europa na última década


En 2017, o PIB  per  cápita rexional, expresado en estándares de poder de compra (SPA), oscilou entre o 31% da media da UE na rexión  noroccidental de  Bulgaria e o 626% da media da UE na rexión interior de Londres-Oeste no Reino Unido. Galicia está no 82% e o conxunto de España no 92 %

Esta información extráese dos datos publicados o pasado 26 de febreiro  por  Eurostat, a oficina estatística da Unión Europea.

As principais rexións no ránking do PIB  per  cápita rexional en 2017, detrás de Londres no Reino Unido (626% da media), foron Luxemburgo (253%), Irlanda do Sur (220%),  Hamburgo en Alemaña (202%), a Rexión de Bruxelas en Bélxica (196%), Irlanda do Leste e Central (189%) e Praga na República Checa (187%). A mellor rexión de Epaña é a Comunidade de Madrid (124 %)



En 2017, 21 rexións tiñan un PIB  per  cápita do 50% ou máis por encima da media da UE: cinco en Alemaña, dous en Irlanda, Austria, os Países Baixos e o Reino Unido respectivamente, e unha respectivamente. En Bélxica, República Checa, Dinamarca, Francia, Eslovaquia, Polonia, Suecia e Luxemburgo. A poboación que vive nestas 21 rexións é de 52,3 millóns.

 Comunidade Autónoma de Galicia é a segunda que mellor evolucionou en termos de converxencia con Europa na última década, pese aos importantes efectos que tivo a crise no conxunto de España e do sur de Europa, tal como ratifican os citados datos de Eurostat.

Hai que ter en conta que, desde 2008, España ten retrocedido 9 puntos respecto a Europa; Italia retrocedeu 10; Grecia, 26; e Portugal, 4 puntos.

Pola contra, Galicia é a 2ª comunidade autónoma que rexistrou mellor evolución na última década, posto que o retroceso foi de 6 puntos, só superior ao de Estremadura (5 puntos) e a metade que o de CCAA como Canarias (13), A Rioxa (12) ou Navarra, que tamén retrocedeu 12 puntos. Isto provocou unha importante mellora da posición relativa de Galicia respecto ao conxunto de España: 
  • En 2007 Galicia era a 5ª comunidade autónoma con menor renda per cápita respecto a Europa.
  • E nestes dez anos, Galicia conseguiu superar a Canarias, Valencia e Asturias, e está situada nun posto máis intermedio, con 9 CCAA por enriba e 7 CCAA por debaixo.
A clave da mellora é que, na crise, Galicia retrocedeu menos que España, e agora na recuperación avanza máis que España.

En todo caso, coincido co Goberno galego cando asume que é prioritario acelerar o proceso de converxencia, tal como establece o noso Plan Estratéxico 2015-2020.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta