O
pasado 27 de xuño daba conta neste blog dunha gran noticia para o desenvolvemento
económico de Ourense, que foi inicio das obras da conexión entre o polígono de San Cibrao das Viñas e a A-52.
Onte
pola mañá, pasados oito meses, visito estas obras nas que a Xunta de Galicia fará
un investimento de máis de 21,8 millóns de euros.
Esta
estrada de novo trazado, transcorre polos termos municipais de Taboadela e de
San Cibrao das Viñas, terá unha lonxitude aproximada de 4,5 km. O seu
comezo será no enlace de Gargantóns, que conecta a autovía a A-52, a autovía
AG-31 que vai a Celanova e a estrada local de Rante, onde se reordenarán os
accesos a través dunha glorieta.
Na actualidade xa se teñen
realizados os traballos de construcción de boa parte dos piares do viaduto do
rego de San Benito de 500 metros de lonxitude, que teñen unha
altura considerable, dada a complicada orografía desta zona. Tamán ouíden ver
enormes explanacións da traza, executados os desbroces, as demolicións, e iniciadas as
escavacións nos desmontes.
Quedo
satisfeito dos avances desta obra que atenderá as necesidades de comunicación
do polígono industrial de San Cibrao e de toda a comarca e que reducirá en máis
do 60% o percorrido da conexión actual coa A-52 o que, unido a unha maior
velocidade, de ata 100 km/hora, se traducirá tamén nunha aínda maior redución
do tempo necesario para percorrelo.
Recibirá resposta