lunes, 4 de marzo de 2019

Crecen as afiliacións á Seguridade Social en febreiro

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse no conxunto de España o pasado febreiro en 18.888.368 ocupados, o que supón un incremento de 69.172 (0,37%). Este total de afiliados medios é a cifra máis alta rexistrada no segundo mes do ano desde 2008 (19.245.227).

O número de mulleres ocupadas alcanzou en febreiro as 8.750.307, o que supón un aumento de 32.759.

Do mesmo xeito que nos tres anos precedentes, o balance dos últimos 12 meses (febreiro/febreiro) supera o medio millón de novos ocupados. Nos últimos 12 meses, o Sistema incorporou 524.958 (2,86%).

Tanto en termos anuais como mensuais, no segundo mes do ano mantense a tendencia positiva na creación de emprego iniciada tras a crise e despois o parón da finalización dos contratos de Nadal.

Se se descarta o compoñente estacional, a afiliación media  aumentou o pasado febreiro en 38.833 persoas, co que a cifra total crece por encima dos 19 millóns (19.122.427).

No mes pasado creceu tanto a afiliación mensual como a anual en todos os réximes da Seguridade Social excepto no Carbón. A ocupación entre os traballadores autónomos creceu en 5.280 afiliados medios.

Respecto a 2018

Como xa se indicou, por terceiro ano consecutivo o aumento interanual nun mes de febreiro mantense por encima do medio millón. Nos últimos 12 meses, o Sistema incorporou 524.958 persoas e sitúase en 18.888.472. Desta cifra, 494.630 corresponden ao Réxime Xeral, que experimenta un incremento do 3,28%, o 3,58% sen contar os Sistemas Especiais do Fogar (-11.439) nin o  S.E. Agrario (9.139).

O Réxime Especial de Traballadores Autónomos sumou 29.733 respecto a febreiro de 2018. O Réxime do Mar aumenta 1.351 ocupados (2,21%). O Carbón decrece en 757 afiliados, tras un descenso do 32,24%.

O número de afiliados crece en todas as comunidades autónomas.  Destacan os incrementos en Madrid  (117.108), Cataluña (93.497), Andalucía (90.363) e Comunidade Valenciana (60.993)

Respecto a xaneiro

A afiliación ao Réxime Xeral aumentou en febreiro en 62.711 (0,40%), o que sitúa o total de afiliados medios en 15.584.786, o mellor rexistro da serie mensual (a integración dos réximes Agrario e do Fogar como sistemas especiais produciuse en 2012).

É un mes de febreiro no que se rexistra un crecemento na maioría dos sectores, destaca Construción, con 25.959 ocupados máis (3,12%); Educación, 20.757 (2,19%); Hostalería, 19.694 (1,68%) e Industrias Manufactureiras con 12.793 afiliados máis (0,70%).

Dentro do Réxime Xeral, cabe sinalar que o Sistema Especial Agrario experimentou un descenso de 27.299 afiliados medios en relación a xaneiro (-3,36%), o que sitúa o número de ocupados en 785.044. O Sistema Especial do Empregados do Fogar, pola súa banda, prácticamente mantense, xa que suma 90 afiliados (0,02%), polo que agora alcanza os 407.677 afiliados medios.
O Réxime de Autónomos conta con 3.239.653 afiliados medios, tras crecer en 5.280 persoas (0,16%). Entre o Réxime do Mar a ocupación aumentou en 1.238 (2,02%), ata os 62.443 afiliados medios.  Finalmente, o Carbón sitúase en 1.590 afiliados medios (-57).

Por territorios, descenden en Andalucía (-3.979), Castela-A Mancha (-2.370) e  Melillla (-27). No resto das CCAA crece a afiliación e destacan Cataluña (23.247), Madrid (14.646), Baleares (12.351) e Región de Murcia (5.826).

Galicia:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado febreiro en 997.311 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 4.940 persoas afiliadas máis respecto ao mes anterior (0,50 %). Galicia sumou en febreiro 176 afiliados máis ao día.  É, ademais, o segundo maior incremento nun febreiro desde a crise económica.

A afiliación ao Réxime Xeral terminou febreiro con 766.570 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 209.877 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 20.864 afiliados medios

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta Comunidade un incremento de 18.822 ocupados (1,92 %), encadeando case cinco anos de subidas consecutivas, desde abril de 2014.

 Ourense:


O número medio de afiliados á Seguridade Social nesta provincia situouse o pasado febreiro en 101.132 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 286 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (0,28 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un descenso de 94 ocupados (0,09 %). 


A afiliación ao Réxime Xeral rematou febreiro con 77.228 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.904 afiliados medios. 




Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta