O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse no conxunto de España o
pasado febreiro en 18.888.368 ocupados, o que supón un incremento de 69.172
(0,37%). Este total de afiliados medios é a cifra máis alta rexistrada no
segundo mes do ano desde 2008 (19.245.227).
O número de mulleres ocupadas alcanzou en febreiro as
8.750.307, o que supón un aumento de 32.759.
Do mesmo xeito que nos tres anos precedentes, o balance dos
últimos 12 meses (febreiro/febreiro) supera o medio millón de novos ocupados.
Nos últimos 12 meses, o Sistema incorporou 524.958 (2,86%).
Tanto en termos anuais como mensuais, no segundo mes do ano
mantense a tendencia positiva na creación de emprego iniciada tras a crise e
despois o parón da finalización dos contratos de Nadal.
Se se descarta o compoñente estacional, a afiliación
media aumentou o pasado febreiro en
38.833 persoas, co que a cifra total crece por encima dos 19 millóns
(19.122.427).
No mes pasado creceu tanto a afiliación mensual como a anual
en todos os réximes da Seguridade Social excepto no Carbón. A ocupación entre
os traballadores autónomos creceu en 5.280 afiliados medios.
Respecto a 2018
Como xa se indicou, por terceiro ano consecutivo o aumento
interanual nun mes de febreiro mantense por encima do medio millón. Nos últimos
12 meses, o Sistema incorporou 524.958 persoas e sitúase en 18.888.472. Desta
cifra, 494.630 corresponden ao Réxime Xeral, que experimenta un incremento do
3,28%, o 3,58% sen contar os Sistemas Especiais do Fogar (-11.439) nin o S.E. Agrario (9.139).
O Réxime Especial de Traballadores Autónomos sumou 29.733
respecto a febreiro de 2018. O Réxime do Mar aumenta 1.351 ocupados (2,21%). O
Carbón decrece en 757 afiliados, tras un descenso do 32,24%.
O número de afiliados crece en todas as comunidades
autónomas. Destacan os incrementos en
Madrid (117.108), Cataluña (93.497),
Andalucía (90.363) e Comunidade Valenciana (60.993)
Respecto a xaneiro
A afiliación ao Réxime Xeral aumentou en febreiro en 62.711
(0,40%), o que sitúa o total de afiliados medios en 15.584.786, o mellor
rexistro da serie mensual (a integración dos réximes Agrario e do Fogar como
sistemas especiais produciuse en 2012).
Dentro do Réxime Xeral, cabe sinalar que o Sistema Especial
Agrario experimentou un descenso de 27.299 afiliados medios en relación a
xaneiro (-3,36%), o que sitúa o número de ocupados en 785.044. O Sistema
Especial do Empregados do Fogar, pola súa banda, prácticamente mantense, xa que
suma 90 afiliados (0,02%), polo que agora alcanza os 407.677 afiliados medios.
O Réxime de Autónomos conta con 3.239.653 afiliados medios,
tras crecer en 5.280 persoas (0,16%). Entre o Réxime do Mar a ocupación
aumentou en 1.238 (2,02%), ata os 62.443 afiliados medios. Finalmente, o Carbón sitúase en 1.590
afiliados medios (-57).
Por territorios, descenden en Andalucía (-3.979), Castela-A
Mancha (-2.370) e Melillla (-27). No
resto das CCAA crece a afiliación e destacan Cataluña (23.247), Madrid
(14.646), Baleares (12.351) e Región de Murcia (5.826).
Galicia:
O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado
febreiro en 997.311 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 4.940 persoas
afiliadas máis respecto ao mes anterior (0,50 %). Galicia sumou en
febreiro 176 afiliados máis ao día. É, ademais, o segundo maior incremento
nun febreiro desde a crise económica.
A afiliación ao Réxime Xeral terminou febreiro con 766.570
afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 209.877 afiliados medios, e o Réxime
do Mar finalizou con 20.864 afiliados medios
En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou
nesta Comunidade un incremento de 18.822 ocupados (1,92 %), encadeando case
cinco anos de subidas consecutivas, desde abril de 2014.
Ourense:
O número medio de afiliados á Seguridade Social nesta provincia situouse o pasado febreiro en 101.132 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 286 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (0,28 %).
En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou
nesta provincia un descenso de 94 ocupados (0,09 %).
A afiliación ao Réxime Xeral rematou febreiro con 77.228 afiliados
medios e o Réxime de Autónomos con 23.904 afiliados medios.
Recibirá resposta