Visito esta mañá Expourense, para ver algunas das
probas do XXX Campionato Máster de Atletismo en Pista Cuberta que se celebra magnífica
pista de Ourense desde o 8 ao 10 de
marzo.
Un campionato no que participan 1.673 atletas
inscritos na competición. Do total, o 33% son mulleres (546) e o restante 67%,
homes (1.127). Galicia é a segunda comunidade, tras Madrid, que achega á
competición maior número de atletas (303) dos que o 40% son mulleres (119) e o
restante 60%, homes (184).
Estamos diante dunha das tres mellores pistas de
atletismo cuberta e hoxe era moi satisfactorio ver tantos deportistas experimentados
que aínda que non están na súa plenitude física, seguen a ser exemplo
e modelo a seguir para os máis novos.
O presidente da Federación Galega de Atletismo,
Isidoro Hornillos invitoume a participar na entrega dalgunhas medallas, entre
elas ao gañador da proba dos 400 metros para maiores de 80 anos. Foi un
madrileño de 82 Ángel Cano.
Parabéns aos organizadores.
Recibirá resposta