sábado, 9 de marzo de 2019

En Expourense no Campionato Máster de Atletismo en Pista Cuberta


Visito esta mañá Expourense, para ver algunas das probas do XXX Campionato Máster de Atletismo en Pista Cuberta que se celebra magnífica  pista de Ourense desde o 8 ao 10 de marzo.
Un campionato no que participan 1.673 atletas inscritos na competición. Do total, o 33% son mulleres (546) e o restante 67%, homes (1.127). Galicia é a segunda comunidade, tras Madrid, que achega á competición maior número de atletas (303) dos que o 40% son mulleres (119) e o restante 60%, homes (184).

Estamos diante dunha das tres mellores pistas de atletismo cuberta e hoxe era moi satisfactorio ver tantos deportistas experimentados que aínda que non están na súa plenitude física, seguen a ser exemplo e modelo a seguir para os máis novos.
O presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos invitoume a participar na entrega dalgunhas medallas, entre elas ao gañador da proba dos 400 metros para maiores de 80 anos. Foi un madrileño de 82 Ángel Cano.
Parabéns aos organizadores.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta