Esta
mañá coñecemos os datos de paro rexistrado nas Oficinas dos
Servizos Públicos de Emprego, correspondentes a febreiro de 2019.
Estos son os datos:
OURENSE:
Baixa o paro
rexistrado en febreiro en relación co mes anterior en 64 persoas, un -
0,33 %. No mesmo mes de 2018, o paro tiña baixado en 272 persoas,
un – 1,33 %. Polo tanto hai unha desaceleración na redución do
paro de un punto.
A nivel
interanual, isto é, con respecto a febreiro do ano pasado, 816 persoas saíron
en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 4,06
%.
O número
de parados queda en 19.297, deles 8.466 son homes e 10.831 mulleres, 18.212 son
maiores de 25 anos e 1.085 menores.
Por
sectores: 1.104 son da agricultura, 2.374 da industria, 1.667 da construción,
12.310 dos servizos e 1.842 do colectivo sen emprego anterior.
GALICIA:
Baixa o paro
rexistrado en febreiro en relación co mes anterior en 1.091 persoas, un - 0,62
%.
O número
de parados queda en 173.709 persoas. Por sectores: 6.478 son da agricultura,
19.492 da industria, 14.518 da construción,
118.945 dos servizos e 14.276 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel
interanual, isto é, con respecto a febreiro do ano pasado, 14.498 persoas
saíron en Galicia das listas do paro, un -7,70 %. É, deste xeito, a
segunda Comunidade na que máis descende o paro superando a caída media do
Estado (-5,22%) en case dous puntos e medio. O paro, así, continúa baixando,
seis anos de xeito consecutivo nun mes de febreiro e a cifra sitúa á Comunidade
en niveis de hai unha década.
En
canto á evolución anual, o desemprego cae nos colectivos prioritarios para a
Xunta: mulleres (-6,52%), menores de 30 anos (-6,22%) e parados de longa
duración (-13,26%). De feito, e con respecto a este último colectivo 4 de cada
5 persoas que saíron do paro no último ano eran parados de longa duración.
O
desemprego tamén descendeu en todos os sectores de actividade liderando a caída
a construción (-18,55%), seguido da agricultura e a pesca (-8,46%), da
industria (-8,43%) e dos servizos (-5,96%).
Ademais,
rexistrouse unha baixada nas sete grandes cidades e nas catro provincias
galegas. Lugo é a provincia onde máis descende (-9,66%), seguida de A Coruña
(-8,31%), de Pontevedra (-7,59%) e de Ourense (-4,06%).
ESPAÑA:
En febreiro de 2019
o paro rexistrado nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego reduciuse en
181.208 persoas respecto ao mesmo mes do exercicio anterior, cun ritmo de redución
interanual do 5,22%.
En termos desestacionalizados, o paro diminuíu en
10.445 persoas respecto ao mes anterior.
O número de parados
rexistrados no mes de febreiro de 2019 subiu en 3.279 traballadores en relación
co mes anterior. En valores relativos, o incremento do paro é dun 0,10%. É o
peor datos desde febreriro de 2013.
O desemprego
masculino sitúase en 1.360.225 persoas, ao diminuír en 223 persoas (-0,02%). As
traballadoras en paro supoñen o 58,64% do total de parados, incrementándose a
súa cifra en 3.502 respecto ao mes anterior (+0,18%) e diminuíndo en 69.063
respecto a febreiro de 2018. O ritmo interanual de diminución do paro feminino
é do 3,46% (fronte ao 7,61% do paro masculino). A pesar de que o emprego de
traballadoras está en máximos históricos nun mes de febreiro, aínda hai case
dous millóns de mulleres en situación de paro.
Respecto a os
mozos, o desemprego dos menores de 25 anos aumenta en 10.935 persoas (4,25%) respecto ao mes
anterior, reducíndose en termos interanuais en 7.743 traballadores, a un ritmo
do 2,80% (2,42 puntos por baixo da taxa de redución global). Mentres que o paro
de 25 e máis anos baixa en 7.656, (-0,25%).
Por sectores
económicos de procedencia, o paro rexistrado baixa en Construción 4.647 (-1,72%),
en Industria en 2.304 (-0,81%), en Servizos diminúe en 7.581 (-0,33%). En
cambio sobe en Agricultura en 9.885 (6,88%) e increméntase no colectivo Sen
Emprego Anterior en 7.926 (2,94%).
O paro rexistrado
baixa en 8 comunidades autónomas, principalmente en Aragón (-2.097), Illes
Balears (-2.091) e Cataluña (-1.734). En cambio sobe en 9, encabezadas
por Andalucía, 4.596, e Madrid, 3.606 persoas.
Recibirá resposta