lunes, 4 de marzo de 2019

En febreiro medra o paro en España. E baixa en Galicia e Ourense aínda que de modo menos intenso que o ano anterior


Esta mañá coñecemos os datos de paro rexistrado nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego, correspondentes a febreiro de 2019. Estos son os datos:

OURENSE:

Baixa o paro rexistrado en febreiro en relación co mes anterior en 64 persoas, un - 0,33 %. No mesmo mes de 2018, o paro tiña baixado en 272  persoas, un – 1,33 %. Polo tanto hai unha desaceleración na redución do paro de un punto.

A nivel interanual, isto é, con respecto a febreiro do ano pasado, 816 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 4,06 %.

O número de parados queda en 19.297, deles 8.466 son homes e 10.831 mulleres, 18.212 son maiores de 25 anos e 1.085 menores.

Por sectores: 1.104 son da agricultura, 2.374 da industria, 1.667 da construción, 12.310  dos servizos e 1.842 do colectivo sen emprego anterior.

GALICIA:

Baixa o paro rexistrado en febreiro en relación co mes anterior en 1.091 persoas, un - 0,62 %.

O número de parados queda en 173.709 persoas. Por sectores: 6.478 son da agricultura, 19.492 da industria, 14.518  da construción, 118.945  dos servizos e 14.276 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a febreiro do ano pasado, 14.498 persoas saíron en Galicia das listas do paro, un -7,70 %. É, deste xeito, a segunda Comunidade na que máis descende o paro superando a caída media do Estado (-5,22%) en case dous puntos e medio. O paro, así, continúa baixando, seis anos de xeito consecutivo nun mes de febreiro e a cifra sitúa á Comunidade en niveis de hai unha década.

En canto á evolución anual, o desemprego cae nos colectivos prioritarios para a Xunta: mulleres (-6,52%), menores de 30 anos (-6,22%) e parados de longa duración (-13,26%). De feito, e con respecto a este último colectivo 4 de cada 5 persoas que saíron do paro no último ano eran parados de longa duración.

O desemprego tamén descendeu en todos os sectores de actividade liderando a caída a construción (-18,55%), seguido da agricultura e a pesca (-8,46%), da industria (-8,43%) e dos servizos (-5,96%).

Ademais, rexistrouse unha baixada nas sete grandes cidades e nas catro provincias galegas. Lugo é a provincia onde máis descende (-9,66%), seguida de A Coruña (-8,31%), de Pontevedra (-7,59%) e de Ourense (-4,06%).

ESPAÑA:

En febreiro de 2019 o paro rexistrado nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego reduciuse en 181.208 persoas respecto ao mesmo mes do exercicio anterior, cun ritmo de redución interanual do 5,22%.

En termos  desestacionalizados, o paro diminuíu en 10.445 persoas respecto ao mes anterior.

O número de parados rexistrados no mes de febreiro de 2019 subiu en 3.279 traballadores en relación co mes anterior. En valores relativos, o incremento do paro é dun 0,10%. É o peor datos desde febreriro de 2013.

Así, a cifra total de desempregados sitúase en 3.289.040.

O desemprego masculino sitúase en 1.360.225 persoas, ao diminuír en 223 persoas (-0,02%). As traballadoras en paro supoñen o 58,64% do total de parados, incrementándose a súa cifra en 3.502 respecto ao mes anterior (+0,18%) e diminuíndo en 69.063 respecto a febreiro de 2018. O ritmo interanual de diminución do paro feminino é do 3,46% (fronte ao 7,61% do paro masculino). A pesar de que o emprego de traballadoras está en máximos históricos nun mes de febreiro, aínda hai case dous millóns de mulleres en situación de paro.

Respecto a os mozos, o desemprego dos menores de 25 anos aumenta  en 10.935 persoas (4,25%) respecto ao mes anterior, reducíndose en termos interanuais en 7.743 traballadores, a un ritmo do 2,80% (2,42 puntos por baixo da taxa de redución global). Mentres que o paro de 25 e máis anos baixa en 7.656, (-0,25%).

Por sectores económicos de procedencia, o paro rexistrado baixa en Construción 4.647 (-1,72%), en Industria en 2.304 (-0,81%), en Servizos diminúe en 7.581 (-0,33%). En cambio sobe en Agricultura en 9.885 (6,88%) e increméntase no colectivo Sen Emprego Anterior en 7.926 (2,94%).  

O paro rexistrado baixa en 8 comunidades autónomas, principalmente en Aragón (-2.097),  Illes  Balears (-2.091) e Cataluña (-1.734). En cambio sobe en 9, encabezadas por Andalucía, 4.596, e Madrid, 3.606 persoas.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta