viernes, 29 de marzo de 2019

Os empresarios ourensáns expoñen os retos pendentes na provincia en materia de infraestruturas


Esta mañá a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co alcalde, Jesús Vázquez, mantivo unha xuntanza con representantes da Confederación Empresarial de Ourense, na que avanzou que a Xunta someterá en próximas datas a información pública o treito que resta da Circunvalación Este, entre Bemposta e a N-525, dun quilómetro e medio, aproximadamente.

Vázquez Mourelle concretou que xa se dispón do proxecto de trazado para esta infraestrutura viaria co fin de poder comezar o procedemento de información pública e continuar logo coa tramitación necesaria.

Tamén foi obxecto da reunión a inclusión do noroeste español no Corredor Atlántico ferroviario, ratificada recentemente polas institucións europeas grazas á alianza e á unión dos axentes institucionais, sociais e empresariais de Galicia, Asturias e Castela e León.

A titular de Infraestruturas fixo fincapé en que é fundamental que o Goberno estatal elabore proxectos de calidade que dean acceso aos fondos europeos e permitan ser máis competitivos no eido industrial e loxístico.

Recordou que o Ministerio vén de confirmar que ten aínda sen elaborar o plan director do corredor e apelou á seriedade para presentar proxectos concretos, completos e de calidade para impulsar no noroeste unha rede ferroviaria altamente competitiva. 

A alta velocidade ferroviaria tamén se avaliou no encontro, reiterando a conselleira que o Ministerio de Fomento debe cumprir o calendario para a finalización das obras do AVE en 2019, algo irrenunciable para Galicia.

Engadiu que é preciso que o Goberno central siga avanzando na solución definitiva para a entrada da alta velocidade na cidade, axilizando a tramitación necesaria para que a variante exterior de Ourense poida estar en obras á maior brevidade.

Nesta reunión na que asistín tiven a oportunidade de informar sobre a situación dos proxectos das infraestruturas do Estado prioritarias para a provincia.

En  primeiro lugar dá autovía A-76 entre Ourense e Ponferrada. Dixen que neste mes de marzo foi publicada no BOE o expediente de información pública e o proxecto de trazado e que procede continuar coa redacción do proxecto de construción, para poder pasar logo á licitación.


Sobre o tramo ourensán entre O Barco de Valdeorras e A Veiga de  Cascallá, de 8,4 Km informei que a pesar de que o compromiso era que o proxecto fose aprobado en 2018, o certo é que parece que se vai a someter en 2019 a información pública o proxecto de  trazado dunha ligazón modificada coa  N-120 e de acceso a  Biobra. Agardemos que sexa posible a licitación en 2019.

Falei tamén da autovía A-56 entre Ourense e Lugo que só ten en execución obras entre  Sanmartiño e A Barrela, que deben finalizar neste ano e que é imprescindible impulsar os dous tramos que teñen a maior intensidade de tráfico.

Un deles a chamada Variante Norte que é o treito entre Eirasvedras e Quintela que agora está pendente de rematar unha auditoría de seguridade vial, paso previo á  licitación das obras en 2019. Lembrei que no proxecto de PGE para 2019 non figuraba consignación alguna, cando no pasado ano tiña unha partida de 2,50 millóns de euros.


Falei da necesidade de impulsar tamén o outro tramo da Variante Norte, o que vai desde Quintela á Casilla (co proxecto de construción en redacción e o tramo que vai desde Ourense a  Cambeo onde os tráficos chegan aos 10.000 vehículos diarios.

Foi do maior interese escoitar as peticións dos empresarios ourensáns, representados pola  CEO e as asociacións do polígono de San Cibrao, Valdeorras e Vilamarín, ademais do presidente dos construtores, en orde a avanzar na tramitación e execución dos grandes retos pendentes na provincia, tanto os que son competencia da Xunta como da Administración Central.

Entre as reivindicacións trasladadas figuraban as obras da estación do AVE, os tramos este e sur da circunvalación á cidade, así como o variante norte. 

Ademais reclamaron a necesidade de que avancen os proxectos para a construción da A-76 entre Ourense e Ponferrada, pasando por Valdeorras, a A-56 entre Ourense e Lugo, o novo acceso do polígono de San Cibrao coa A-52 ou a circunvalación do Barco, recentemente licitada e pendente de adxudicación.