Hoxe o Diario
Oficial da Unión Europea (DOUE) publica tres anuncios periódicos
indicativos de Adif Alta Velocidade concernentes á Estación de alta
velocidade de Ourense que teñen por obxecto por obxecto reducir prazos de recepción de
ofertas.
Esto
contratos corresponden aos seguintes traballos:
Losa 1. Cubrimiento de praia de vías. Estrutura e
urbanización Ourense
Data estimada de publicación
do anuncio de licitación:
01/07/2019
Denominación:
Losa 2. Cubrimiento adicional de praia de vías.
Estrutura e urbanización Ourense
Data estimada de publicación
do anuncio de licitación:
01/07/2019
Denominación:
Viario rodado sobre praia de
vías, Ourense
Data estimada de publicación
do anuncio de licitación:
01/07/2019.
Neste momento lembro o acto de presentación o
16 de xuño de 2017 no Auditorio Municipal da estación intermodal de
Ourense, que contou coa presenza, ademais do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; do presidente de Adif, Juan Bravo; da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez; do presidente da Deputación Manuel Baltar, de deputados e senadores, de
concelleiros, dos membros da Comisión de Seguimento da chegada do AVE no
Concello de Ourense, e representantes de asociacións, colectivos e entidades
sociais, veciñais, empresariais e profesionais da cidade.
Naquel día recibimos
información sobre as actuacións para a adaptación da estación de Ourense aos
novos servizos de alta velocidade.
Así para abordar os problemas de permeabilidade
foi plantexada a solución mediante a execución dun novo viario e unha laxa
sobre vías, que se integrará coa trama urbana creando novos espazos públicos e
zonas axardinadas para goce da poboación.