O pasado 30 de abril de 2018 daba conta neste blog da publicación Boletín Oficial do Estado dunha Resolución da Secretaría
Xeral de Infraestruturas, de data 12 de abril de 2018, pola que se abría a información pública correspondente ao
expediente de expropiación forzosa 017ADIF1817, motivado polas obras do ADIF-Alta Velocidade "Proxecto básico da
base de montaxe no termo municipal da Mezquita e instalacións auxiliares para a
montaxe de vía”
Noutra entrada deste
blog do 24 de maio de 2018 daba conta de que o Consello de Administración
de Adif AV aprobara a licitación do contrato de construción da
base de montaxe da Mezquita.
Naquelas
datas o Ministerio estaba dirixido por Íñigo De la Serna.
Pouco tempo, despois do cambio de executivo pola moción de censura, e
baixo o mandato de José Luis
Ábalos tivo lugar o 5 de xullo de 2018 a publicidade da licitación da
citada base de montaxe
por un valor estimado de 11.008.014,80 euros.
Pois
ben, hoxe bastantes meses despois, coñecemos unha agardada nova, que o Consello de Administración
de Adif AV aprobou a adxudicación da construción da base da Mezquita (Ourense)
e instalacións auxiliares para a montaxe de vía no tramo Pedralba de la
Pradería-Taboadela, da Liña de Alta Velocidade ( LAV) Madrid-Galicia.
O
contrato foi adxudicado por 8.403.488,19 euros (IVE incluído) á Unión Temporal
de Empresas (UTE) formada por Ortiz Construcións e Proxectos (75%) e Cosfesa (25%) e un prazo de execución de 11
meses.
Base de
montaxe da Mezquita
A base
de montaxe da Mezquita situarase no subtramo Túnel da Canda- Vilavella, na marxe esquerda da LAV Madrid-Galicia, entre os puntos
quilométricos 112/100 e 113/500.
O
contrato inclúe tamén a disposición de provisións de balasto en Pedralba de la Pradería (Zamora)
e Campobecerros (Ourense), así como a
execución de instalacións auxiliares para a montaxe de vía do tramo Pedralba-Taboadela.
A base
terá unha superficie total de aproximadamente 6,1 hectáreas, sobre as cales se
situarán a praia de 9 vías, disposta en 2 peites entrelazados de ancho
convencional (1.668 mm) e estándar (1.435 mm), xunto cos edificios e
equipamentos necesarios.
A
instalación está deseñada tanto para a montaxe do tramo Pedralba-Taboadela como para o seu posterior
mantemento. O acceso á base da liña Zamora-Ourense realízase mediante conexión
con vía 1.668 mm, que conecta coa vía xeral esquerda de ancho convencional.
Para a
consecución dos obxectivos funcionais da base definíronse os seguintes
elementos:
- Zona de
provisión de balasto.
- Losa de
transferencia de carrís e pórticos fixos para manipulación.
- Losa de
provisión de desvíos.
- Nave de
mantemento de material móbil.
- Zona
pavimentada para circulacións rodadas e estacionamentos.
- Instalacións
exteriores de urbanización.
Xunto á
propia base de montaxe, o proxecto de construción inclúe o deseño de
instalacións auxiliares e superficies de provisión de balasto en Pedralba de la Pradería
(6.775 m2) e en Campobecerros (3.500 m2).
Adif AV
xa adxudicou a construción da outra base de montaxe do tramo Pedralba-Taboadela, a deseñada no termo
municipal de Meamán (Ourense), cunha
superficie total aproximada de 2,7 hectáreas.
Recibirá resposta