Onte asistín na casa consistorial alcalde de Ourense, a un acto conmemorativo do
oito de marzo, “Día Internacional da Muller”.
O alcalde Jesús Vázquez, reivindicou
esta data para “implicar decididamente a toda a sociedade na necesidade de
acadar a equidade real de oportunidades entre mulleres e homes”. “Queda moito
por facer, somos conscientes delo; mais tamén quero subliñar que está nas nosas
mans conseguilo se facemos o preciso.
A continuación dúas mulleres de etnia
xitana que participan no programa Promociona, Jennifer Jiménez Jiménez, e
Margarita Lorenzo Montoya, leron un manifesto no que amosaron o seu “apoio e
compromiso coa defensa e igualdade de dereitos de todas as mulleres,
especialmente as de etnia xitana”.
Neste sentido aproveitaron a súa
intervención para pedir “acabar cos estereotipos que impiden que se nos mire
como desexamos, como somos de verdade: estudantes, nais, mulleres que queren
unha educación de calidade e defensoras do dereito a igualdade”.
Con Marcos Prado |
O acto contou coa proxección dun
traballo de video, “San Francisco. O destino da alma”, realizado polo director
Marcos Pardo. O documental reivindica a historia da primeira muller rexistrada
na nosa cidade como vítima da violencia de xénero, Asunción González a “Pobre
Asunción”, que morreu asasinada na procesión do Venres Santo do ano 1891.
Momentos antes da proxección, un dos
sobriños biznetos de Asunción González, Gonzalo García Lopez, rememorou a
historia da súa antepasada e reclamou unha maior sensibilidade na loita contra
a violencia de xénero.
Lectura do manifesto da FEMP
A concelleira de Asuntos Sociais, Sofía
Godoy, foi a encargada de dar lectura ao manifesto da FEMP, que este ano fai
especial fincapé no papel que xogou a Constitución Española á hora de
reivindicar as mulleres, especialmente a través da súa presenza na vida
política municipal.
“O oito de marzo, Día Internacional da
Muller, sempre é unha invitación para reflexionar sobre os avances acadados en
materia de igualdade de xénero; e unha oportunidade para centra a acción e
fixar cara a onde queremos dirixirnos. Sen embargo, cando se cumpren 40 anos de
Democracia local, esta oportunidade obriga a mirar atrás para non esquecer de
onde vimos”, relatou Sofía Godoy.
Tras a lectura do manifestó asistimos á
descuberta dunha placa na fachada da Consistorial como homenaxe á
primeira vítima coñecida da violencia de xénero na nosa cidade.
Recibirá resposta