sábado, 23 de marzo de 2019

Feijóo: “A hospitalidade galega non se limita a un recinto concreto ou a unha actividade específica; “é unha singularidade de Galicia enteira”

Onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, entregou os diplomas Q de Calidade Turística 2018, destacando o éxito patente no récord de certificacións que sitúan á Comunidade galega como a segunda neste tipo de distincións e a primeira da España Verde. 

Un éxito que se traduce na chegada de 4,8 millóns de visitantes no ano 2018, no incremento da estadía media e tamén no gasto; e que se verifica, así mesmo, no Camiño de Santiago que superou os 320.000 peregrinos en 2018 e se diversifica polos diferentes itinerarios.

Feijóo felicitou ao sector pola súa aposta pola desestacionalización, como reflicten os datos publicados polo INE sobre aloxamento hoteleiro, que indican que 6 de cada 10 turistas que chegan a Galicia fano fóra do verán. Así, no mes de febreiro vendéronse na Comunidade máis de 330.000 noites, un 2% máis que en febreiro do pasado ano.

O responsable do Executivo autonómico aproveitou o evento para salientar que a hospitalidade galega non se limita a un recinto concreto ou a unha actividade específica; “é unha singularidade de Galicia enteira”, dixo, precisando que os visitantes poden desfrutar dun turismo de convivencia.

“En Galicia cada galego é un anfitrión. O sector turístico abrangue a todo un pobo que entende a dobre faciana do turismo como ingreso económico e como proxección amable dunha comunidade”, dixo, subliñando que esa Galicia anfitrioa sabe aproveitar o valor da paisaxe, como proba o feito de que das 6 empresas españolas de turismo activo con Q de Calidade, 4 sexan galegas; ou que a Autonomía galega sexa líder en España en portos deportivos certificados coa Q de calidade e, tamén, en aloxamentos rurais e no turismo industrial que inclúe as adegas.

Así mesmo, no eido termal, resaltou que Galicia sitúase como a segunda potencia europea, concentrando ademais preto do 20% dos hoteis españois coa certificación de calidade. Só é superada polo País Vasco en axencias de viaxe certificadas e ocupa o segundo posto nacional en servizos de restauración coa Q de calidade.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta