Participo hoxe en
Santiago de Compostela no acto conmemorativo que os populares galegos
celebramos con motivo do Día Internacional da Muller, ‘Por unha Galicia en
igualdade’.
Nel falaron varias mulleres, que foron presentadas pola secretaria
general de igualdade Susana López Abella: Marta González, María Antonia Rilo, Patricia Torres, Elena Candia e Ethel
Vázquez.
Eu non quero imitar aos que usan a
igualdade como arma partidista, senón que quero sumarme á xente que usa todas
as armas democráticas para garantir a igualdade real e efectiva”, indicou o
presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, ao tempo que lamentou que se utilice
precisamente este tema como un elemento de confrontación. “Non tratemos a
igualdade como unha disputa partidista máis. Celebremos o que conseguimos todos
xuntos e reivindiquemos o que nos falta por lograr todos xuntos tamén”,
incidiu.
Remarcou que a igualdade é
responsabilidade de todos, de homes e mulleres, e na que os partidos políticos
teñen tamén o seu papel que cumprir para que non se desande o camiño e se siga
subindo, chanzo a chanzo, ata a plena igualdade. Neste punto, avogou por
traballar da man para que as mulleres teñan, en todos os eidos e todos os días,
os mesmos dereitos, incentivos e recoñecemento que os homes.
UN DÍA PARA CELEBRAR E REIVINDICAR
Feijóo apuntou que, para a maioría, o
Día Internacional da Muller non é unha xornada nin un asunto para rivalizar,
senón para debater e propoñer conxuntamente. É por iso polo que apelou á
necesidade de valorar todos os avances logrados en materia de igualdade e de
celebrar desde a unidade cada paso adiante.
Así, dixo que carece de sentido afirmar
que unhas mulleres defenden mellor a igualdade que outras só polo feito de
formar parte dun partido político. “Cando Galicia avanza en igualdade,
avanzamos todas e todos, sen siglas”, salientou o líder do PPdeG, quen indicou
que sentirse parte dese logro colectivo é o que ten que animar a continuar a
loitas das nosas avoas e das nosas nais.
Para Feijóo, a defensa da igualdade non
se fai só o 8 de marzo, senón todos os días do ano; e dixo que o PPdeG non se
conforma con que cada vez haxa máis mulleres traballando nin con que as galegas
estean en mellores condicións laborais que o resto das españolas; nin con que
os mozos e as mozas galegas teñan unha materia sobre educación en igualdade nas
escolas que antes non tiñan; nin con que en Galicia haxa máis opcións de
conciliación que antes; nin con que se incremente a presenza feminina na
ciencia e en postos de relevancia; nin con que as vítimas de xénero teñan
recursos xurídicos, económicos, psicolóxicos para facer fronte ao seu drama
persoal; ou con que hoxe Galicia teña o maior presuposto en igualdade da súa
historia. “Hoxe estamos aquí para dicir igualdade real e efectiva, si;
discriminación e machismo, non”, salientou.
A IGUALDADE, UNHA TAREFA DE MULLERES E HOMES
Feijóo fixo especial fincapé en que á hora de falar de igualdade “ningún home
debe calar ante a discriminación da muller nin debe conformarse cos avances
logrados para ela nin tampouco debe renunciar a loitar con todas as mulleres”.
O líder do PPdeG
recordou que grazas a mulleres como Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Emilia
Pardo Bazán, María Josefa Wonenburger, así como tamén a miles de mulleres
anónimas, que reclamaron xustiza, rompeuse un tempo longo de silencio sen voces
que defenderan a igualdade. Dixo, pois, que a igualdade e a defensa dos
dereitos das mulleres é un anhelo e unha tarefa compartida entre mulleres e
homes; unha loita que convoca a todos, porque en cada desigualdade que
persiste, os homes tamén se deben sentir agredidos; e porque estes teñen a súa
cota de responsabilidade á hora de que se acade a plena igualdade.
Para Feijóo, “habería moitísima máis
igualdade” se ningún home mirase de forma estraña cando unha muller decide
libremente dedicarse a unha profesión na que historicamente hai máis varóns; se
ningún home fixese ningún comentario machista; se saíse voluntariamente de
todos os homes o reparto das tarefas no fogar ou do coidado dos fillos. “E, por
suposto, hai máis igualdade cando unha vítima da violencia machista denuncia ao
seu agresor; pero habería moitísima máis igualdade se a ningún home se lle
pasase pola cabeza levantarlle nunca a man a ningunha muller”, engadiu.
IGUALDADE É FALAR DE LIBERDADE
Tal e como subliñou Feijóo, falar de
igualdade é falar tamén de liberdade para que as mulleres sexan o que queiran
ser “sen estereotipos, sen corsés, sen obstáculos e sen máis impedimento que o
seu propio desexo e a súa propia aspiración”. É por iso que dixo que ninguén
ten dereito a dicirlle a unha muller “se é mellor ser profesional dun sector ou
doutro; se é mellor ser profesional e nai ou só profesional ou só nai; ou se é
mellor defender a igualdade nunha folga, nun paro, nunha concentración ou
traballando”. “O oito de marzo –continuou- cada muller ten dereito a
reivindicar a igualdade real e efectiva como lle pete”.
Durante o acto, os populares galegos, a través de Tamara Granja Sánchez –a afiliada máis recente-, fixeron entrega dunha placa conmemorativa –‘Das galegas de hoxe ás galegas de sempre’- a Julia López Varela, unha afiliada de 88 anos, que a recolleu en representación de todas as mulleres que se afiliaron ao PPdeG hai moito tempo.

Durante o acto, os populares galegos, a
través de Tamara Granja Sánchez –a afiliada máis recente-, fixeron entrega
dunha placa conmemorativa –‘Das galegas de hoxe ás galegas de sempre’- a Julia
López Varela, unha afiliada de 88 anos, que a recolleu en representación de
todas as mulleres que se afiliaron ao PPdeG hai moito tempo.
Recibirá resposta