sábado, 16 de marzo de 2019

Feijóo en Allariz: “O vindeiro 28 de abril, os galegos teñen a oportunidade de poñerlle fin a un goberno cun presidente que nin tivo un día para visitar Galicia como líder do executivo”


Viaxo esta mañá a Allariz para participar nun encontro con afiliados en Allariz. Un acto que foi aberto pola nosa candidata á alcaldía Luz Doporto, dando paso despois al presidente provincial Manuel Baltar.

Logo o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, fixo fincapé na importancia de distinguir o voto útil do que non o é, polo que apuntou que quen queira que goberne Pedro Sánchez pode votar a calquera, pero “quen queira que non goberne e haxa un goberno alternativo, só ten unha vía segura: o Partido Popular”. Por iso, salientou que para que Galicia se teña en consideración só están as siglas do Partido Popular e un candidato, Pablo Casado.

Sinalou que estamos ante un executivo que depende para todo dos que queren acabar con España e que o PSOE “pasou de seguir ao Pablo Iglesias de Ferrol a facer o que di o Pablo Iglesias de Galapagar”, ao mesmo tempo que pasou de ter como libro de referencia a Constitución a ter a autobiografía de Pedro Sánchez.

Segundo remarcou o líder do PPdeG, para Galicia nin é voto útil unhas Mareas de Podemos que apoian os orzamentos humillantes de Pedro Sánchez para a nosa comunidade nin un BNG que di que quere moito a Galicia, pero pide o voto para Batasuna-Bildu e Esquerra Republicana. Así, dixo que cando o representante do BNG de Allariz pida o voto estarao pedindo para estes partidos.

 PEDRO SÁNCHEZ FOI INCAPAZ DE GOBERNO

Indicou que a convocatoria das eleccións o 28 de abril responde, por unha banda, a que Pedro Sánchez foi incapaz de gobernar e, por outra, a que o fixo someténdose a Podemos, nacionalistas e independentistas. Por iso, asegurou que nestes días previos á cita coas urnas os galegos escoitarano prometer o que non fixo, improvisar decretos para facer parecer que fixo algo e intentar desviar a atención con todo tipo de temas.

Para Feijóo, o vindeiro 28 de abril, os galegos teñen a oportunidade de poñerlle fin a un goberno cun presidente que nin tivo un día para visitar Galicia como líder do executivo, pero si para visitar 20 países e 16 comunidades autónomas e vir pedir o voto nun mitin a semana pasada.

GALICIA TEN MÁIS ESPERANZA E FUTURO

O presidente do PPdeG referiuse, tamén, a que o voto a Vox e a Ciudadanos beneficia a Pedro Sánchez, a Podemos e aos nacionalistas, porque, tal e como explicou, en moitos casos o voto a estas formacións non só non suma escanos para o centro dereita, senón que ademais pode sumar escanos para a esquerda e os nacionalistas. Neste punto, incidiu en que non hai que crerse as enquisas que lle fan á medida de Pedro Sánchez, pero si preocuparse daquelas que din que o centro dereita tería máis votos que antes, pero moitos menos escanos por estar dividida en varios partidos.

Neste punto, recordou que grazas a que os galegos hai dez anos uniron as súas forzas no voto útil, hoxe Galicia crece, recuperou emprego, cumpre co déficit, endebédase menos, recuperou sectores estratéxicos como o naval, a automoción, a gandería ou a pesca, innova en eidos como a aeronáutica ou a eólica mariña, aumenta os servizos en sanidade e educación e ten máis esperanza  e futuro. Fronte a isto, Feijóo sostivo que hai cidades e concellos que quedaron paralizados polo populismo e lamentou que o nacionalismo trate de impoñerse sobre a maioría da xente.

 = O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, fixo fincapé na importancia de distinguir o voto útil do que non o é, polo que apuntou que quen queira que goberne Pedro Sánchez pode votar a calquera, pero “quen queira que non goberne e haxa un goberno alternativo, só ten unha vía segura: o Partido Popular”. Por iso, salientou que para que Galicia se teña en consideración só están as siglas do Partido Popular e un candidato, Pablo Casado.

Sinalou que estamos ante un executivo que depende para todo dos que queren acabar con España e que o PSOE “pasou de seguir ao Pablo Iglesias de Ferrol a facer o que di o Pablo Iglesias de Galapagar”, ao mesmo tempo que pasou de ter como libro de referencia a Constitución a ter a autobiografía de Pedro Sánchez.

Segundo remarcou o líder do PPdeG, para Galicia nin é voto útil unhas Mareas de Podemos que apoian os orzamentos humillantes de Pedro Sánchez para a nosa comunidade nin un BNG que di que quere moito a Galicia, pero pide o voto para Batasuna-Bildu e Esquerra Republicana. Así, dixo que cando o representante do BNG de Allariz pida o voto estarao pedindo para estes partidos.

PEDRO SÁNCHEZ FOI INCAPAZ DE GOBERNAR

Durante un encontro con afiliados en Allariz, o líder do PPdeG indicou que a convocatoria das eleccións o 28 de abril responde, por unha banda, a que Pedro Sánchez foi incapaz de gobernar e, por outra, a que o fixo someténdose a Podemos, nacionalistas e independentistas. Por iso, asegurou que nestes días previos á cita coas urnas os galegos escoitarano prometer o que non fixo, improvisar decretos para facer parecer que fixo algo e intentar desviar a atención con todo tipo de temas.

Para Feijóo, o vindeiro 28 de abril, os galegos teñen a oportunidade de poñerlle fin a un goberno cun presidente que nin tivo un día para visitar Galicia como líder do executivo, pero si para visitar 20 países e 16 comunidades autónomas e vir pedir o voto nun mitin a semana pasada.

GALICIA TEN MÁIS ESPERANZA E FUTURO

O presidente do PPdeG referiuse, tamén, a que o voto a Vox e a Ciudadanos beneficia a Pedro Sánchez, a Podemos e aos nacionalistas, porque, tal e como explicou, en moitos casos o voto a estas formacións non só non suma escanos para o centro dereita, senón que ademais pode sumar escanos para a esquerda e os nacionalistas. Neste punto, incidiu en que non hai que crerse as enquisas que lle fan á medida de Pedro Sánchez, pero si preocuparse daquelas que din que o centro dereita tería máis votos que antes, pero moitos menos escanos por estar dividida en varios partidos.

Neste punto, recordou que grazas a que os galegos hai dez anos uniron as súas forzas no voto útil, hoxe Galicia crece, recuperou emprego, cumpre co déficit, endebédase menos, recuperou sectores estratéxicos como o naval, a automoción, a gandería ou a pesca, innova en eidos como a aeronáutica ou a eólica mariña, aumenta os servizos en sanidade e educación e ten máis esperanza  e futuro. Fronte a isto, Feijóo sostivo que hai cidades e concellos que quedaron paralizados polo populismo e lamentou que o nacionalismo trate de impoñerse sobre a maioría da xente.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta